Inscrición de Behistún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *recebe
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Liña 18:
 
== Descuberta ==
Foi soamente en [[1598]], cando o [[Reino Unido|británico]] [[Robert Sherley]] avistou a inscrición durante unha misión [[Diplomacia|diplomática]] na Persia por conta da [[Austria]], que a inscrición retivo a atención dos estudiososestudosos europeos. Sherley chegou á conclusión de que se trataba dunha imaxe representando a acensión de [[Xesucristo]]. Falsas interpretacións bíblicas pola parte dos europeos foron comúns durante os dous séculos seguintes, incluíndo a idea de que se tratase de Cristo e os seus [[apóstolo]]s, ou as tribos de [[Israel]] e [[Shalmaneser I|Shalmaneser da Asiria]].
 
En [[1835]], Sir [[Henry Rawlinson]], un oficial do exército británico adestrando o exército do [[Xá]] do Irán, comezou a estudar seriamente a inscrición. Como o nome da cidade de Bisistún estaba anglicizado para "Behistun" na época, o monumento pasou a ser coñecido como a "Inscrición de Behistún". A pesar do seu difícil acceso, Rawlinson foi capaz de escalar o cantil e copiar a inscrición en persa antigo. O texto elamita estaba do outro lado dun abismo, e o babilonio 4 metros enriba; ambas eran de difícil acceso, e deixáronse para máis tarde.