Partido Andalucista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m Arranxos varios + cda
Liña 15:
|publicación = s/d
|filiación internacional = [[Alianza Libre Europea]]
}}O '''Partido Andalucista''' é un partido político nacionalista de [[Andalucía]], o máis importante dentro do [[nacionalismo andaluz]].
 
Foi fundado en [[1965]] cando a '''Alianza Socialista de Andalucía''', creada en 1971, adopta o nome de '''Partido Socialista de Andalucía''' (PSA). Posteriormente en xaneiro de 1979 no II Congreso Andalucista adopta o nome de '''PSA-Partido Andaluz'''. En febreiro de 1984 adopta o seu actual nome Partido Andalucista.
 
== Ideoloxía ==
O Partido Andalucista declárase ideoloxicamente como unha organización política nacionalista, federalista, progresista e de esquerdas. Segundo o partido, o seu principal sentimento é a rebeldía contra a desactivación da autonomía andaluza, en contra dunha actitude conformista e desfacendo a cohesión interna da identidade e do liderado histórico.
 
== Historia ==
A orixe do PA está no nacionalismo andaluz desenvolvido durante o século XIX e século XX. En 1962 [[Alejandro Rojas-Marcos]] aglutinou a diversos sectores sociais para impulsar unha organización política de ámbito andaluz, forzada á clandestinidade polo franquismo. Na primavera de 1965 estabeceuse o primeiro grupo político andalucista cando se formou unha célula en torno á facultade de Dereito da Universidade de Sevilla e que tiña como sinais de acción a identidade andaluza, esixencia de autonomía, non separatismo, posicións de esquerda moderada, reivindicación de igualdade con Cataluña e o País Vasco etc. O grupo adopta o nome de '''Compromiso Político de Andalucía''', elixiu unha Secretaría colexiada, integrada por Alejandro Rojas-Marcos, Luis Uruñuela e Guillermo Jiménez.
 
En 1971, a revista Ruedo Ibérico publica en París o primeiro manifesto de Alianza Socialista de Andalucía, no que se pedía a autonomía. En 1974 integrouse na ''[[Junta Democrática de España]]''. Coa fin da ditadura franquista o PsA foi legalizado e puido realizar actividades políticas legais. En 1978, a '''Junta Liberalista de Andalucía''' que fundara [[Blas Infante]] integrouse na organización andalucista. En 1979, conseguen cinco deputados nas Eleccións Xerais celebradas en marzo conseguindo 326.000 votos, baixo o nome de Partido Socialista Andaluz, e conseguindo 250.000 votos nas municipais pactando co [[PSOE]] e o [[PCE]] para constituír gobernos municipais de esquerdas en Andalucía. Como consecuencia dos malos resultados das eleccións autonómicas de 1982 Alejandro Rojas-Marcos dimitiu da secretaría xeral, o partido iniciaba unha etapa descendente electoralmente.
 
En 1996 os andalucistas participan no goberno andaluz en coalición co [[PSOE]], ocupando as consellerías de Relacións co Parlamento e a de Turismo e Deporte, a cargo de Antonio Ortega e José Nuñez respectivamente.
 
En 1999 presentouse ás Eleccións Europeas formando a Coalición Europea, coalición nacionalista na que concorrerán ás Eleccións Europeas [[Coalición Canaria]], [[Unió Valenciana]], [[Partido Aragonés]] e o Partido Andalucista. Nas eleccións municipais de xuño, o Partido Andalucista obtivo 356.000 votos, 30 alcaldías e 545 concelleiros.
 
En outubro de 2000, celebrou o XII Congreso Nacional en Torremolinos, presentáronse tres correntes: a oficialista, a de Novo Andalucismo liderado por Julián Álvarez e Antonio Moreno, e a de Maioría polo Cambio liderada pola concelleira de [[Sevilla]], María del Mar Calderón e apoiada por Pedro Pacheco. Durante o Congreso as dúas correntes renovadoras pretenderon alcanzar un acordo de consenso para presentar un candidato común e así poder cambiar a dirección do partido. Con todo, a existencia de tensións entre membros de Novo Andalucismo e Maioría polo cambio, impediron o acordo, Novo Andalucismo aliouse coa candidatura oficialista, dando a vitoria así de novo a Antonio Ortega que iniciou o proceso de expulsión dos membros de Maioría polo Cambio,o que deu lugar o [[Partido Socialista de Andalucía]] liderado por Pedro Pacheco.
Liña 36:
 
Na actualidade (2015) o partido conta con 0 deputados no [[Parlamento de Andalucía]] e 470 concelleiros.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Partidos políticos de Andalucía]]