Manifesto do Partido Comunista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:1848 mediante HotCat
m Arranxos varios + cda
Liña 16:
 
* '''Burgueses e proletarios'''. Neste apartado introdutorio desenvólvese a idea de que a historia do mundo se basea na loita entre opresores e oprimidos, e concibe o modelo social de entón coma un espazo de enfrontamento entre a burguesía, obrigada a revolucionar constantemente os medios de produción para a súa propia supervivencia, e o proletariado, que aproveitará os cambios desencadeados polo capital para volverse contra el e derrubar a orde capitalista.
 
* '''Proletarios e comunistas'''. Os autores identifican o proxecto comunista da Liga cós intereses do proletariado internacional, de xeito que define o comunismo coma a ideoloxía obreira final ou vangarda proletaria. Neste apartado desenvólvese propiamente o programa do comunismo e rebate as críticas vertidas contra o proxecto comunista. Así, establécese neste apartado a abolición da propiedade privada, a creación dun elevado imposto progresivo, a omnipotencia do Estado e o igualitarismo entre tódolos cidadáns. Mediante estas medidas ([[ditadura do proletariado]]) os autores buscan a desaparición das desigualdades de clase; e teoricamente, trala superación desta fase terá lugar o establecemento dunha sociedade libre e socialista na que o poder político xa non será necesario.
 
* '''Literatura socialista e comunista'''. Entre a nebulosa de propostas de tendencia esquerdistas ou socialista da época, os autores do Manifesto destacan varias tendencias:
** ''Socialismo reaccionario'', apoiado polos pequenos comerciantes e campesiños que, vendo ameazada a súa supervivencia pola voracidade burguesa, súmanse ao comunismo para derribar ao gran capital.
Liña 24 ⟶ 22:
** ''Socialismo burgués'', entendido coma a coiraza dalgúns sectores da burguesía para resistir o empuxe do proletariado. Segundo esta tendencia, a burguesía é unha clase boa e necesaria para o proletariado.
** ''Socialismo utópico'', conxunto no cal son enmarcadas as correntes de [[Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon|Saint-Simon]], [[Robert Owen]] ou [[Charles Fourier]], que non contemplan a loita de clases como necesidade para chegar a unha orde socialista.
 
* '''Actitude dos comunistas ante os outros partidos da oposición'''. Tras unha enumeración da situación do partido comunista en diferentes países [[Europa|europeos]] e nos [[Estados Unidos de América]], os autores chegan á conclusión de que o comunismo se sitúa en tódolos sitios enfronte do poder establecido e ao lado dos revolucionarios, sexan estes burgueses nun país feudal, campesiños nunha nación burguesa etc.
 
Liña 30 ⟶ 27:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fundacionfedericoengels.org/images/stories/PDF/o_manifesto_comunista.pdf Texto do ''Manifesto comunista'']
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Marxismo]]