William Wallace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
=== Militar ===
William Wallace formou parte dun grupo duns cincuenta mozos [[pobo escocés|escoceses]], que o seguiron ata o lugar de Loudun Hill, onde vivía Fennwick, o cabaleiro inglés que matara o seu pai. O grupo escocés, catro veces menor á tropa que Fennwick tiña á súa disposición (catrocentos homes), venceu os ingleses, morrendo case a metade deles, incluíndo a Fennwick. A vitoria do grupo de William Wallace e mailo sentimento de ter cumprida unha vinganza non lles abondou, senón que se fixeron coas pertenzas dos soldados ingleses ós que venceran, como armamento e cabalos.
 
A partir deste acto, as autoridades inglesas puxeron prezo á súa cabeza, polo que el e os seus compañeiros se refuxiaron no bosque de Ettrick durante cinco anos, mais non pararon as súas actividades: dende aquí William Wallace seguiu dirixindo ataques espontáneos a exércitos ingleses.