Ha'apai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Róterdam +Rotterdam)
m Arranxos varios +cda
Liña 1:
[[Ficheiro:Haʻapai.gif|miniatura|dereita|240px|Mapa do grupo Gálvez (Ha´apai)]]
'''O grupo Gálvez''' (''Ha´apai'') é o grupo central das illas de [[Tonga]]. Está situado a uns 150  km ao norte de [[Ámsterdan (Tonga)|Ámsterdan]] (''Tongatapu''). As illas principais son [[Lifuka]] e Foa, as máis poboadas, situadas case xuntas. En Lifuka, que ás veces tamén se chama Ha´apai, atópase a capital do grupo, Pangai.
 
== Xeografía ==
En total son 68 illas, a maioría illas baixas de coral ou [[atol|atois]], agás algunhas illas volcánicas entre as que destacan os volcáns activos de [[Tofua]] e [[Kao]], e o mergullado de [[Fonuafo'ou]], todos eles situados ao oeste do grupo. A altitude máxima localízase en Kao con 1.046 m.
 
A poboación total era de 8.138 habitantes no censo de 1996. A superficie total é de 109,3  km². As dúas illas de Lifuka e Foa, unidas por un paso elevado, concentran practicamente a metade da poboación, coa metade da área total sen contar os volcáns. A actividade volcánica é importante ao oeste do grupo, a 70  km de Lifuka.
 
O grupo Gálvez (''Ha´apai'') forma unha división administrativa, cun gobernador e representación ao Parlamento. Está dividido en seis distritos que inclúen dezasete illas habitadas. Xeograficamente pódense agrupar en tres subgrupos de norte a sur, máis un grupo de volcáns ao oeste:
 
{| border="0" align="center" style="border: 1px solid #999; background-cor:#FFFFFF"
Liña 64:
|- bgcolor="#EFEFEF"
| TOTAL || || align="right" | 8.138 || align="right" | 109,30 || align="right" | 74,5
|}
 
== Historia ==
Existen catro xacementos importantes da cultura [[lapita]] nas illas Lifuka, ´Uiha, Ha´afeva e Ha´ano. Datan de fai uns 2700 anos.
 
O primeiro europeo en chegar, en [[1664]], foi o holandés [[Abel Tasman]] á illa Nomuka que bautizou como [[Rotterdam (Tonga)|Rotterdam]], como a [[Rotterdam]] de [[Países Baixos|Holanda]]. O inglés [[James Cook]] estivo longas estancias. Na súa segunda viaxe, en [[1774]], visitou as illas que denominaba Anamocka ([[Rotterdam (Tonga)|Rotterdam]]), Amattafoa (Tofua) e Oghao (Kao). Na súa terceira viaxe estivo once semanas, en [[1777]], en Lifuka onde lle ofreceron diversos banquetes e festas o cal levou a que bautizase ao grupo como illas dos Amigos (Friendly Islands), nome que durante anos se estendeu ao resto de Tonga. Tres anos máis tarde Francisco Mourelle descubriu diversas illas menores e nomeou ao grupo illas Gálvez en honra a José de Gálvez ministro de Indias.
 
William Bligh, que xa estivera con James Cook, en [[1789]] de regreso de [[Tahití]] sufriu entre Lifuka e Tofua o famoso amotinamiento do ''HMS Bounty''.
 
Aínda que a dinastía Tu´i Tonga de [[Ámsterdan (Tonga)|Ámsterdan]] ''Tongatapu'' tiña unha autoridade formal sobre as illas, estaban a miúdo en guerra con Ha´apai. Logo da chegada dos misioneiros [[Metodismo|wesleyanos]] a Lifuka, o xefe de Ha´apai Taufa´ahau converteuse ao cristianismo. Acabou coa autoridade dos Tu´i Tonga logo de nove séculos, unificou o reino, e proclamouse rei co nome de George Tupou I, en [[1845]]. Nun principio Pangai foi a nova capital de Tonga. O actual rei Taufa´ahau Tupou IV é o cuarto descendiente.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Illas do Pacífico]]