Comuna francesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 66:
 
=== Poboación dunha comuna típica ===
A poboación mediana das comunas da Francia Metropolitanametropolitana segundo o censo de [[1999]] era de 380 habitantes. Novamente é un número moi pequeno, e nisto Francia diferénciase do resto de Europa, co número máis baixo de poboación media de comunas de tódolos países europeos (as comunas en [[Suíza]] ou [[Renania-Platinado|Rheinland-Pfalz]], teñen unha superficie máis pequena, como menciónase arriba, pero están máis poboadas). Esta baixa poboación media nas comunas francesas pode ser comparada coas de [[Italia]] onde a poboación media das comunas en 2001 era 2.343 habitantes, [[Bélxica]] onde era de 11.265 habitantes, ou [[España]] onde era de 564 habitantes.
 
A poboación mediana recentemente mencionada non debería opacar o feito de que as diferenzas en tamaño son extremas entre as comunas francesas. Como se mencionaba na introdución, unha comuna pode ser unha cidade de 2 000 000 de habitantes como París, unha cidade de 10.000 habitantes, ou só unha aldea de 10 habitantes. O que nos di a poboación mediana é que a enorme maioría das comunas francesas só teñen un par de centos de habitantes; aínda que tamén existan un pequeno número de comunas altamente poboadas.
 
En Francia Metropolitana, hai 20.982 comunas con menos de 500 habitantes, o cal é o 57,4% do número total de comunas. Nesas 20.982 comunas viven só 4 638 000 habitantes, ou o 7,7% da poboación total de Francia Metropolitanametropolitana. Noutras palabras, só o 7,7% da poboación francesa vive nun 57,4% das comunas, mentres que o 92,3% de poboación restante concéntrase só nun 42,6% das comunas.
 
=== Estados das comunas ===