República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 464:
{{Artigo principal|Lingua checa}}
[[Ficheiro:StrcPrstSkrzKrk.png|miniatura|180px|Onda de [[Strč prst skrz krk]].]]
A principal lingua falada do país é o checo (''čeština''), unha das [[linguas eslavas]] do oeste de [[Europa]], xunto co [[Lingua caxubia|caxubio]], o [[lingua eslovaca|eslovaco]], o [[lingua polonesa|polaco]] e o [[lingua sorabiasoraba|sorabiosorabo]]. É falado por uns doce millóns de persoas en todo o mundo, das cales 9,5 millóns viven na República Checa. O checo utiliza o [[alfabeto latino]] con sinais diacríticas para a súa escrita. A fonoloxía do checo pode ser difícil para falantes doutras linguas. Por exemplo, algunhas palabras non parecen ter vogais: ''ztvrdl'' (endurecido), ''scvrkl'' (afondado), ''blb'' (bobo), ''vlk'' (lobo), e ''smrt'' (morte). Hai un exemplo popular disto na frase "''[[strč prst skrz krk]]''", que significa "insire o dedo pola gorxa".
 
As linguas checa e [[lingua eslovaca|eslovaca]] son mutuamente intelixíbeis e próximas na escrita, mais difiren fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio da [[radio (medio de comunicación)|radio]] e da [[televisión]] nacionais até a disolución de [[Checoslovaquia]] no [[1993]]. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión.