Tratado de Osimo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 2:
O '''tratado de Osimo''' foi asinado o [[10 de novembro]] de [[1975]] pola [[República Federal Socialista de Iugoslavia]] e a [[Italia|República italiana]] en [[Osimo]], [[provincia de Ancona]], e nel que foi dividido o [[Territorio Libre de Trieste]]. O tratado escribiuse en [[lingua francesa|francés]] e entrou en vigor o [[11 de outubro]] de [[1977]].
 
O acordo baseábaswbaseábase nun "Memorando de Entendemento" asinado en [[Londres]] en [[1954]] (coñecido como ''Memorando de Londres''), que outorgaba a administración civil provisional da Zona A a Italia, e da Zona B a Iugoslavia. O tratado de Osimo fixo definitiva esta situación. A Zona A, incluída a cidade de [[Trieste]], pasou a conformar a provincia italiana de [[Provincia de Trieste|Trieste]], aínda que Iugoslavia viu garantido o libre acceso ao porto de Trieste.
 
O Ministerio de Exteriores italiano nunca estivo envolvido na negociación, pois esta foi levada case exclusivamente por [[Eugenio Carbone]], entón Director Xeneral do Ministerio de Industria e Comercio, que tamén asinou o tratado por parte do goberno italiano. O Ministro de Asuntos Exteriores iugoslavo, [[Miloš Minić]], asinou o tratado por parte de Iugoslavia.