Manuel Domínguez Benavides: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo
Liña 4:
Fillo do médico de [[Ponteareas]] [[Manuel Domínguez Sánchez]]. Autodidacta, formado nas Casas del Pueblo e Ateneos Populares, a carencia de estudos non foi impedimento para exercer como xornalista. Licenciado en dereito en 1916 e mestre superior en 1917. Con 26 anos gañou o premio Gregorio Pueyo, que editou, en [[1922]]. Tamén escribiu a comedia ''El protagonista de la virtud'' coa que obtivo en [[1928]] o segundo premio nun concurso do ''[[ABC (xornal)|ABC]]''. Foi correspondente de ''Ahora'', ''[[La Estampa]]'' e ''Treball'' en [[París]]. En 1927 era redactor de ''[[El Liberal]]'' e dende marzo de 1928 ata 1937 foi redactor do popular semanario ''[[La Estampa]]''.
 
Residiu alternativamente en [[Madrid]] e [[Barcelona]], militando no [[PSOE]]. En [[1933]], publicou a súa primeira novela social ''Un hombre de treinta años'', de corte autobiográfico, á que se sumou ao ano seguinte ''El último pirata del mediterráneo'', un dos grandes éxitos populares da época. Foi detido durante [[folga xeral revolucionaria de 1934]], pasando dous meses en prisión e exiliándose despois en [[París]], onde residiraresidía cando estalou o [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]].
 
Na [[Guerra civil española|guerra civil]] foi comisario da frota republicana. En [[1938]] asistiu xunto a [[José Bergamín]] e [[José María Quiroga Pla]], á conferencia extraordinaria da [[Asociación Internacional de Escritores para a Defensa da Cultura]].