Guerras púnicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
 
== Segunda Guerra Púnica ==
{{Artigo principal|Segunda Guerraguerra Púnicapúnica}}
Tras a Primeiraprimeira Guerraguerra Púnicapúnica [[Amilcar Barca]] toma a decisión estratéxica de estender a área de influencia cartaxinesa á [[Península Ibérica]] para centrar outros posíbeis enfrontamentos con Roma lonxe do mar, unha prematura morte nun enfrontamento cos [[Iberos]] leva a asumir o mando do protectorado cartaxinés a [[Aníbal Barca]]. Debido a gran riqueza da península Cartago experimenta unha rápida recuperación da derrota, o que leva a desconfianza ao senado romano. Quen, rompendo o acordo de non agresión polo que se establecía que ao sur do [[río Ebro]] era área de influencia cartaxinesa, toma baixo á súa protección á cidade de [[Sagunt]], a cal desafía a autoridade de Cartago.
 
Coa resposta de Aníbal atacando, sitiando e arrasando Sagunto, desátase a Segundasegunda Guerraguerra Púnicapúnica que se desenvolveu entre os anos [[-218|218]] e o [[-202|202]] a. C. Durante esta longa guerra Aníbal despois de arrasar Sagunto atravesa os [[Pirenos]] e [[Alpes]] derrotando aos exércitos consulares que se envían para detelo nas batallas de [[Tesino]] e [[Trevia]], derrota ao cónsul Flaminio xunto o [[lago Trasimeno]]. Un dos puntos álxidos da contenda é a que se coñece como unha dos fitos máis importantes da historia da estratexia militar, a batalla de [[Cannas]] onde un exército cartaxinés canso despois do periplo dende a península Ibérica se enfronta a un exército romano totalmente fresco 3 veces superior, vencéndoo e case exterminándoo cunha estratexia envolvente e facendo uso dunha cabalería moi superior á romana.
 
Nos seguintes anos levará a cabo unha campaña para tentar sublevar ás tribos itálicas contra Roma con desigual fortuna, sendo o máis salientábel a deserción de [[Cápua]], pero o tempo desgástao e Roma desvía o lugar da loita a península Ibérica onde [[Publio Cornelio Escipión]] derrota aos exércitos cartaxineses moi superiores e conquista o protectorado cartaxinés. Nun intento desesperado os irmáns de Aníbal, Asdrúbal e Magón tentan chegar a territorio itálico con reforzos para afrontar o asedio de Roma pero son derrotados e ambos rematan morrendo na contenda.