Isabel Ríos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 6:
Antes de partir ao seu destino laboral coñeceu a [[Manuel Calvelo López]], que se atopaba veraneando en Curtis, con quen casou o 7 de xullo de 1929. Marcharon a [[Los Llanos de Aridane]] (na illa de [[La Palma]]) onde Manuel exerceu a súa profesión de médico.
 
En [[1932]] o matrimonio trasladouse a Curtis para ter o primeiro fillo; ese ano a familia mudouse a Madrid co obxectivo de marchar a [[Alemaña]] para que Manuel fixerafixese o doutoramento. Coa chegada de [[Hitler]] ao poder deciden quedar en Madrid, onde Manuel traballou como profesor adxunto na Cátedra de Patoloxía do profesor [[Roberto Nóvoa Santos]].
 
En 1934 afiliouse ao [[Partido Comunista de España|Partido Comunista]] e, aproveitando unha viaxe a Curtis, organizou alí a primeira célula. Despois de traballar en Madrid, foi trasladada a [[Lugo]], a onde ía todos os días dende Curtis.