Camiño Francés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
Liña 251:
En [[Villafranca Montes de Oca]] (''Nemus Oque'', no ''Calixtino'' <ref>Aquí produciuse outro milagre relatado no ''Calixtino'': un matrimonio de peregrinos franceses ían a Santiago co seu fillo, pero este morre nestes montes. Non obstante, cando o van enterrar, entre oracións ó Apóstolo, resucita e poden seguir felizmente o Camiño (Elías Valiña, px. 67).</ref>), cruzada polo [[río Oca]], destaca a igrexa de Santiago, do XVIII, cunha pía de auga bendita feita coa cuncha dunha enorme ''[[Tridacna]]'' traída das [[Filipinas]]. Tamén se conservan os restos de dous hospitais de peregrinos, un dedicado a San Antón Abade e, segundo os arquivos que se conservan, acollía no século XVI a uns 18.000 peregrinos cada ano.
 
Tras Villafranca ábrese un longo traxecto, duns 12&nbsp;km, que non atravesa poboación ningunha. Comeza ascendendo ata o monumento ós Caídos na [[Guerra Civilcivil Españolaespañola|Guerraguerra Civilcivil]] no que algúns peregrinos depositan pedras quizais por confundilo cun monumento xacobeo. Posúe un letreiro que reza: "''No fue inútil su muerte, fue inútil su fusilamento''".
 
Cerca do Porto de La Pedraja (1.130 m) chega a [[Valdefuentes]], que tivo hospital no século XII. Aquí o peregrino podía tomar dúas posibles rutas: a ruta de [[Zalduendo]] (un pouco ó sur, pasando por Arlanzón, Ibeas de Juarros, Villayuda e Capiscol, onde se fusiona coa outra vía) ou a de San Juan de Ortega, directa a esta localidade (e que é a se describe aquí).