Administración única: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Feijóo
m Arranxos varios
Liña 3:
 
==Obxectivos==
A administración única trataba de acadar unha economía de gasto e unha superación das duplicidades administrativas dun xeito coherente cunha lectura avanzada do dereito á autonomía política recoñecido no artigo 2 da Constitución española e segundo o principio de subsidiariedade. Deste xeito, as funcións que de xeito eficaz e eficiente poden desenvolverse pola [[comunidade autónoma]] non deberían seguir retidas polo Estado central.
 
Buscábase un modelo político-administrativo estable potenciador do dereito á autonomía.
 
==Mecanismos xurídico-políticos==
Liña 11:
 
==Propostas colaterais==
A proposta de administración única era o corolario político-administrativo doutras ideas defendidas por Manuel Fraga Iribarne como o principio de [[autoidentificación]] como defensa da cultura e personalidade identitaria de Galicia como pobo dentro dunha España unida pero diversa. Asemade defendíase a constitución dunha [[Conferencia de Presidentes]], un [[Senado]] autonómico análogo ao dos Estados Federais, un Consello Económico e Social estatal con presenza autonómica, o protagonismo das comunidades autónomas na elección dunha parte dos maxistrados do [[Tribunal Constitucional]] e a participación de Galicia nas institucións europeas incluído, en temas cruciais como a Pesca, no Consello de Ministros da [[Unión Europea]]. Isto neutralizaría a reabsorción competencial centralizadora pola vía da execución da normativa europea, as leis básicas estatais, a xurisprudencia do Tribunal Constitucional ou a ordenación xeral da economía.
 
O sucesor de Manuel Fraga, [[Alberto Núñez Feijóo]] non incorporou estas ideas ao seu discurso político. Estas desapareceron dos programas do [[Partido Popular de Galicia]] a partir da VII lexislatura.
 
[[Categoría: Política]]