Peñón de Vélez da Gomera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 27:
| pé_imaxe = Localización de Vélez da Gomera
}}
O '''Peñón de Vélez da Gomera''' (en [[Lingua castelá|castelán]]: ''Peñón de Vélez de la Gomera'') é unha [[península]] e [[praza de soberanía]] [[España|española]], orixinalmente [[illa]] rochosa ata o terremoto de [[1930]], situada no norte de [[África]], a 126  km ao oeste de [[Melilla]] e a 117  km ao sueste de [[Ceuta]], unida ao continente por unha estreita franxa de area.
 
Ten unha extensión de 19.000 m² aproximadamente e unha altitude máxima de 87 m sobre o nivel do mar. O límite que separa [[España]] de [[Marrocos]] por Vélez da Gomera constitúe a fronteira máis pequena do mundo, con apenas 85 metros de lonxitude. Actualmente e de forma permanente está habitado con efectivos de varias unidades do [[Exército de Terra de España]].
Liña 35:
 
== Historia ==
En concreto este peñón foi ocupado por primeira vez polos españois o [[23 de xullo]] de [[1508]], cando unha escuadra española mandada por [[Pedro Navarro]] aniquilou ao poderoso núcleo de [[pirata]]s que o defendían. En [[1522]] Muley Mohamed, señor do territorio no que se atopaba o Peñón conseguiu apoderarse do mesmo. Finalmente, o [[6 de setembro]] de [[1564]], [[García Álvarez de Toledo y Osorio]], marqués de Villafranca e Vicerrei de [[Cataluña]], recupera o Peñón para España por orde de [[Filipe II de España|Filipe II]]. O Peñón de Vélez da Gomera mantívose ininterrompidamente baixo soberanía española desde ese momento. En [[1921]], no contexto da [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]], decídese reforzar a presenza española no mesmo.
 
En [[1930]] o antigo illote rochoso quedou unido a terra firme polos efectos dun [[terremoto]].