Fundación María José Jove: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
Creación do artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de abril de 2017 ás 15:40

Modelo:Fundación

A Fundación María José Jove é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 2003 en memoria de María José Jove Santos, filla de Manuel Jove e finada en marzo de 2002. Está orientada cara a infancia e persoas con diversidade funcional.

Foi declarada de interese galego por la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o 14 de marzo de 2003. Ten establecida a súa sede no edificio WorkCenter, no polígono industrial da Agrela.

Obra social

O Hospital Materno Infantil Teresa Herrera tiña previsto inaugurar en 2017 unha nova área de oncopediatría financiada cuns 200.000 euros a cargo da fundación María José Jove.[1]

Notas

  1. "El Materno abrirá en dos meses la unidad de pediatría oncológica". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-02-19. Consultado o 2017-04-12. 

Ligazóns externas

Web oficial da Fundación