Temperamento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Archivo > Ficheiro
RubenWGA (conversa | contribucións)
irreemprazables > insustituíbles
Liña 2:
O '''temperamento''' é a peculiaridade e intensidade individual dos afectos psíquicos e da estrutura dominante de [[humor]] e [[motivación]]. O termo provén do [[Lingua latina|latín]] ''temperamentum'': ‘medida’. É a maneira natural con que un ser humano interactúa coa [[Medio ambiente|contorna]]. Pode ser hereditario e non inflúen factores externos (só se eses estímulos fosen demasiado fortes e constantes); é a capa instintivo-afectiva da personalidade, sobre a cal a [[intelixencia]] e a [[vontade]] modelarán o [[Carácter biolóxico|carácter]] (no cal si inflúe o [[Medio ambiente|ambiente]]); ocupa tamén a habilidade para adaptarse, o [[estado de ánimo]], a intensidade, o nivel de actividade, a accesibilidade, e a regularidade; o temperamento é a natureza xeral da personalidade dun individuo, baseada nas características do tipo de sistema nervioso.
 
O temperamento está relacionado coa influencia endócrina (que se debe aos [[xene]]s, e que se manifesta en determinados trazos físicos e psicolóxicos). O temperamento e o carácter definen a [[personalidade]] do [[ser humano]]; e a diferente combinación e intensidade que estes manifestan nas súas diferentes áreas fannos únicos e humanos. Os temperamentos ou o temperamento é o trazo descritivo do estilo de actuar que nos distingue dos demais como únicos e irreemprazablesinsustituíbles, de modo que poidamos harmonizar con eles.
 
O estudo dos temperamentos ocupaba un papel importante na [[psicoloxía]] anterior ao [[século XX]]. Actualmente, ten o seu gran valor cotián e de utilidade para as persoas en procura de maior sentido á súa vida mediante a súa expresión temperamental e das súas [[Virtude|virtudes]].