Miranda de Ebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Edificacións civís: arranxiños​
Liña 39:
* '''Ponte Carlos III''': construída en 1777 baixo a dirección de [[Francisco Alejo de Aranguren]]. Dous leóns gardan a ponte desde 1786, obra do escultor alavés [[Juan Antonio de Moraza]]; un suxeita o escudo real e outro o da cidade.
* '''Pazo do Concello''': o edificio actual érguese na Praza de España desde 1778. É obra [[Neoclasicismo|neoclásica]] de Francisco Alejo de Aranguren, sob revisión de [[Ventura Rodríguez]].
* '''Casas nobres''': Varios pazos urbanos salientan no casco vello de Miranda. Destacan a ''Casa de las Cadenas'', construída no século XVI. Nela hospedáronse [[Napoleón]] e [[Fernando VII rei de España|Fernando VII]], que en 1828 mandou colocar unhas cadeas como lembranza da súa estadía. Outro edificio ddestacado é a ''Casa dos Urbina'', tamén do século XVI, cos seus cubos defensivos. Albergou a [[Filipe IV rei de España|Filipe IV]], de paso para Francia, e Margarida de Savoia, vicerraíña de Portugal, que faleceu en 1655 neste edificio.
* '''[[Estación de Miranda de Ebro|Estación de Ferrocarril]]''': construída no 1862 polo arquitecto inglés [[Charles Vignoles]], sendo unha das estacións máis antigas do Norte de España. Nela conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao.
* '''Teatro Apolo''': singular edificio construído en 1920 polo arquitecto rioxano [[Fermín Álamo]]. Destaca a decoración historicista como mostran bustos erixidos nas xanelas e a ornamentación vexetal.