América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 110:
Os Estados Unidos exerceron ao longo dos últimos séculos un papel hexemónico no continente, que comezou en [[1823]] coa [[doutrina Monroe]] (proclamación feita polo presidente [[James Monroe]] pola que os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] non permitirían que as potencias europeas controlasen máis territorios americanos dos que xa foran propietarios naquela época).<ref>[http://www.u-s-history.com/pages/h255.html www.u-s-history.com] (en inglés)</ref> Esta doutrina conduciu a unha política [[Imperialismo|imperialista]], en especial na [[América Central]] e no [[Caribe (rexión)|Caribe]]. O único conflito internacional serio foi a guerra entre [[México]] e Estados Unidos ([[1846]] - [[1848]]) que provocou a perda por parte mexicana de [[Texas]] , [[Novo México]] e [[California]] mediante o [[Tratado de Guadalupe Hidalgo]].<ref>[http://www.pbs.org/kera/usmexicanwar/index_flash.html The U.S.-Mexican War] (en inglés)</ref> Durante o [[século XX]], a tendencia ás boas relacións entre os diferentes estados americanos tomou forma en [[1910]] co estabelecemento da [[Unión Panamericana]].
 
Unha das máis importantes demostracións da solidariedade entre os estados do [[hemisferio occidental]] tivo lugar durante a [[Conferencia de Defensa Interamericana]] do ano [[1947]], o cal promulgou o [[Tratado Interamericano de Asistencia Recíproca]] tamén chamado ''Tratado de Río'', asinado por Estados Unidos, México e outros dezasete estados de [[América Central|Centroamérica]] e [[América do Sur]] . O tratado estabelece a solución pacífica dos desacordos entre os estados americanos, do mesmo xeito que a unión defensiva contra agresións na rexión que se estende desde o [[Marmar de Bering]] ata o [[Polo Sur]].<ref>Salas Elgart, Pedro Félix: ''El Tratado Interamericano de Asistencia Reciproca de Rio de Janeiro, [[1947]]''. Editado pola Editorial Jurídica de Chile, [[1962]]. 291 páxinas.</ref> En [[1948]] naceu o [[Organización dos Estados Americanos]] ([[OEA]]) para executar o Tratado de Río'' e como sistema de seguridade colectivo.<ref>[http://www.oas.org/key_issues/spa/KeyIssue_Detail.asp?kis_sec=17 Nuestra Historia] (en castelán)</ref>
 
As serias disensións internas en México, ocorridas entre [[1910]] e [[1920]],<ref>[http://historymatters.gmu.edu/d/4940/ The United States and the Mexican Revolution: “A Danger for All Latin American Countries,” Letters from Venustiano Carranza] (en inglés) e (en castelán)</ref> e a [[Naturalización|nacionalización]] do [[petróleo]] en [[1938]] dificultaron as relacións entre este país os Estados Unidos e o [[Canadá]] durante a primeira metade do [[século XX]].<ref>[http://countrystudies.us/mexico/78.htm U.S. Library of Congress] (en inglés)</ref> Con todo, máis recentemente estas relacións volvéronse máis amistosas, como evidencia a firma do [[Tratado de libre comercio de América do Norte]] (TLCAN) o [[1992]] e que entrou en vigor o [[1 de xaneiro]] de [[1994]].<ref>[http://www.canadianeconomy.gc.ca/English/economy/1994NAFTA.html 1994 – North American Free Trade Agreement (NAFTA): Creating the World's Largest Free Trade Area] (en inglés)</ref>