Fundación Rosalía de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Dende 1970: o nacemento e vida da Casa-Museo: restauro desde, é correcto e a escolla do primeiro editor
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
Este organismo naceu coa vontade de restaurar a casa na que vivira Rosalía de Castro nos seus derradeiros anos e de a converter nunha [[casa museo]] (e sostela posteriormente), coidar do [[Panteón de Galegos Ilustres]] e difundir e promover a cultura galega.
 
Entre as súas finalidades están: fomentar o coñecemento e a conservación da memoria de Rosalía, de [[Manuel Murguía]] e dos seus fillos; a promoción do estudo, da edición e da divulgación da vida e obra de Rosalía, da [[Galicia]] do seu tempo e da súa influencia posterior; conservar o conxunto da [[Casa Museo de Rosalía|Casa-Museo de Rosalía]], conservar e incrementar o patrimonio rosaliano (mobles, pertenzas, recordos persoais de Rosalía etc.) dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado, coidar do Mausoleo de Rosalía sito no Panteón de Galegos Ilustres ([[convento de San Domingos de Bonaval|Igrexa de San Domingos de Bonaval]] en Santiago) e máis da campa que albergou antes o seu corpo no [[cemiterio de Adina]] en [[Iria Flavia]] ([[Padrón]], [[A Coruña]]); celebrar actos, cando menos, nas dúas datas rosalianas ([[24 de febreiro]] e [[15 de xullo]]) ademais da celebración da Misa Votiva do [[25 de xullo]] —acto que se viña celebrando desde [[1932]] e desde [[1969]] en [[lingua galega]] converténdose no único acto público en que se consentían o galego, as reivindicacións galeguistas e a presenza de políticos disidentes durante a [[franquismo|ditadura franquista]]— e da Ofrenda Floral no Panteón de Galegos Ilustres ante a tumba da poetisa e fomentar e difundir a lingua e a cultura galegas<ref name="estatuto">{{Cita web | url=http://rosaliadecastro.org/wp-content/uploads/2013/02/EstatutosFundacionRosalia.pdf | título=Estatutos da Fundación Rosalía de Castro |dataacceso=26 de abril de 2015|editorial=Fundación Rosalía de Castro}}</ref>.
 
No ano 2015 estaba representada no Pleno do [[Consello da Cultura Galega]] e na [[Ascociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores]] (ACAMFE).