Diario de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+director en ficha
Liña 68:
En 1999, o ''Diario de Pontevedra'' é adquirido polo Grupo El Progreso, que coloca na presidencia a [[Antonio de Cora García]], descendente da familia fundadora do xornal lugués e fillo da presidenta do [[Grupo El Progreso]], [[Blanca García Montenegro]]. Da dirección ocúpase [[Antón Galocha]]. O Grupo El Progreso completa a modernización informática do diario pontevedrés, que pasa de ser un dos xornais galegos de aspecto máis "clásico" a se converter nun dos máis avanzados en cuestións de deseño.
 
En xaneiro de 2013 Antón Galocha foi relevado da dirección que pasa a ser asumida por [[Pedro Pérez]].<ref>[http://www.galiciae.com/nova/226015.html Pedro Pérez, nomeado director de Diario de Pontevedra]</ref> Dende marzo do 2016, o novo director do xornal é [[Miguel Ángel Rodríguez]].<ref> http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/515390/miguel-angel-rodriguez-nuevo-director-de-diario-de-pontevedra Miguel Ángel Rodríguez, novo director de Diario de Pontevedra</ref>
 
Malia a súa pertenza ao grupo lugués, o xornal mantén o seu carácter local, mesmo nas promocións e nos enfoques das noticias. Contou cunha edición electrónica propia ata que en [[decembro]] de [[2007]] integrouse, como os outros xornais do grupo, na plataforma [[Galiciaé]].