Lexicón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Judcosta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
* '''Categorías léxicas ou abertas''': Son aquelas que posúen ''carácter referencial'' (é dicir, as que designan procesos, propiedades, accións ou entidades). Caracterízanse por formar un ''inventario aberto'' (é dicir que non existe un número específico e limitado para estas unidades). Os [[substantivo]]s, os [[verbo]]s e os [[adxectivo]]s son representantes canónicos deste tipo de unidades léxicas.
 
* '''Categorías funcionais ou pechadas''': Son aquelas que só posúen significado gramatical (é dicir, que son fundamentais para a xeración dunha oración pero que, así a todo, non teñen significado referencial). Caracterízanse por formar un inventario pechado. As [[Conxunción (gramática)|conxuncións]] e os [[Artigo (gramática)|artigos]] son representantes deste tipo de unidade.