Just Fontaine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
notas
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 27:
Ten a marca de máis goles anotados nun mesmo [[Mundiais de fútbol|mundial]], 13 goles no [[Mundial de Fútbol Suecia 1958]]. Na clasificación de máis goles en total figura no cuarto posto, detrás de [[Gerd Muller]] con 14, Ronaldo con 15 e [[Miroslav Klose]] con 16 goles.
 
Fontaine comeza a súa carreira no [[USM Casablanca]], onde xoga entre 1950 e 1953. o [[OGC Nice|Nice]] reclútao ese mesmo ano, onde xogará ata 1956 e anotará 44 goles. Rematará no [[Stade de Reims]] substituíndo a [[Raymond Kopa]] e con 121 goles en seis tempadas. En total, na liga francesa marcou 165 goles en 200 encontros, e gañou dúas veces o campionato, en 1958 e 1960.
 
Coa [[Selección de fútbol de Francia|selección francesa]], os seus números son aínda máis impresionantes. No seu debut o [[17 de decembro]] de [[1953]] anota 3 goles contra [[Selección nacional de Luxemburgo|Luxemburgo]], rematando o encontro en 8-0. En total coa escuadra nacional marcou 30 goles en 21 partidos, entre eles os 13 do mundial de [[Mundial de Fútbol Suecia 1958|1958]]. Segundo conta o propio Fontaine, neste torneo tirou dezasete veces a porta: trece goles, tres paradas dos porteiros e un remate fóra.
Liña 33:
Fontaine xogou o seu derradeiro encontro en xullo de 1962, obrigado a retirarse por mor dunha lesión recorrente.
 
Foi elixido por [[Pelé]] coma un dos [[FIFA 100|125 mellores futbolistas vivos]] en marzo de [[2004]]. Tamén foi escollido mellor xogador francés dos últimos 50 anos pola [[Federación Francesa de Fútbol]] en novembro de 2003. <ref>[http://www.uefa.com/uefa/news/Kind=256/newsId=130150.html]</ref>
 
==Notas==