Protestantismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Co termo '''protestantismo''' desígnase ao conxunto das igrexas e comunidades [[cristianismo|cristiás]] xurdidas no [[século XVI]] en [[Europa]] Occidental, separadas da [[Igrexa Católicacatólica]] a partir do labor reformador do ex-monxe agostiño [[Martiño Lutero]], iniciador do [[luteranismo]].
 
==Orixe do termo==
Liña 24:
*''Solus Christus'': Unicamente Cristo é quen nos dá a vida eterna. Non hai vida eterna sen El.
 
Diferenzas entre as igrexas protestantes e a [[Igrexa Católica|Igrexa católica]]:
*Non recoñece a autoridade do Sumo Pontífice , o [[Papapapa]], como vicario de Cristo na Terra nin a ningún dos Patriarcaspatriarcas da Igrexa Ortodoxaortodoxa.
*A [[Biblia]] é a fonte única de autoridade, ''[[Sola Scriptura]]'', a tradición eclesiástica non ten ningunha validez se non está sustentada e xustificada na Biblia.
*As decisións dos concilios non teñen autoridade se non se sustentan en doutrinas bíblicas.
Liña 34:
Nun principio os protestantes expresaron as súas posicións doutrinais por medio de Confesións de Fe, breves documentos apoloxéticos. As [[Confesións de Augsburgo]] expresaron a doutrina luterana. As confesións reformadas inclúen tamén a Confesión Escocesa (1560), A Segunda Confesión Helvética (1531) e a [[Confesión de Fe de Westminster]] (1647). Os [[Trinta e Nove Artigos de Relixión]] da [[Igrexa de Inglaterra]] tamén adoitan ser considerados reformados. A Declaración Teolóxica de Barmen, contra o réxime [[Nazi]], e a Breve Declaración de Fe da Igrexa Presbiteriana en Estados Unidos son exemplos de declaracións recentes.
 
O ensino relixioso fundamentouse en [[catecismo]]s,. O Catecismo de Heidelberg e o Maior e Menor de Westminster son instrumentos reformados para ensino de adultos e infantes nas Igrexas.
 
Algunhas das doutrinas da Igrexa católica medieval rexeitadas polo protestantismo ao non considerar que aparecen na Biblia son: o [[Purgatorio]], a supremacía papal, as oracións polos mortos, a intercesión dos santos, a asunción de María e a súa virxindade perpetua, así mesmo a veneración destes últimos, tal como o resto dos homes, e porque contradicía ao primeiro mandamento "Non terás deuses alleos diante de min" (Ex. 20:3).
Liña 55:
O Renacemento científico e literario que coa súa mentalidade crítica levou ao individuo europeo á dúbida subxectiva ou obxectiva e ata á opinión subxectiva e obxectiva contra os ensinos e prácticas da Igrexa. Foi o proceso ou a confrontación Humanismo vs. Escolasticismo o que deu as primeiras mostras da fraxilidade da estrutura da teoloxía escolástica medieval. O Renacemento foi unha revaluación integral de todos os postulados preestablecidos do medievalismo. A carencia dun contido espiritual no ensino e a presenza da Igrexa. A forma, a cerimonia e o rito sacramental externo predomina sobre o espiritual, o interior (Integridade vs. Ceremonialismo e Dogma).
 
A urxente necesidade de despaganizar e deshelenizar a doutrina cristiá afectada polas paulatinas transculturizacións relixiosas e filosóficas grecorromanas e orientais que a habían pervertido desde os séculos II e III, é dicir, desde o período da Igrexa Perseguida e ao longo dos períodos da Igrexa Imperialimperial e da Igrexa Medievalmedieval.
 
A intervención da imprenta, novo elemento tecnolóxico divulgador tanto do contido crítico do pensamento humanista como da Biblia, da patrística e dos criterios ético-teolóxicos e espirituais dos reformadores. O libro convértese en elemento emancipador das conciencias. Os novos descubrimentos xeográficos e astronómicos ([[América]], [[Oceanía]], [[Cristovo Colón]], [[Copérnico]], [[Galileo]], [[Keppler]]), puxeron en dúbida os dogmas escatolóxicos e estruturais da Igrexa. O crecemento ascendente da cidade e do seu elemento intelectual: A Universidade. Da universidade sairá a [[Reforma]], centro primario e constante deste movemento revolucionario. O paganismo do maxisterio e da autoridade eclesiástica. A Igrexa achábase enriquecida materialmente, pero pobre espiritualmente. Isto xerou toda unha serie de resentimentos en países como Inglaterra e Alemaña onde a Igrexa posuía ata un terzo das terras.
Liña 64:
Os reformadores non se consideraban rebeldes nin herexes, senón fieis cristiáns que aspiraban a regresar ás doutrinas apostólicas e a renovar a igrexa cristiá na práctica e doutrina. Xa que logo, fixeron esforzos ecuménicos e unitivos desde o principio, antes de que as fronteiras doutrinais estivesen endurecidas.
 
Os principais reformadores eran persoas de vasta cultura, tanto teolóxica como humanista: [[Xoán Calvino]] estudou na Sorbona e o seu pai traballaba cun bispo, [[Lutero]] era monxe e profesor universitario de Biblia; [[Zuinglio]] era sacerdote e humanista. De acordo ao programa dos humanistas, buscaron nas fontes da antigüidade cristiá as bases para unha renovación. Releron as Sacras Escrituras; ao reler aos [[Paispais da Igrexa]], (especialmente a santo Agostiño), descubriron unha visión da fe e unha doutrina máis bíblica e cristocéntrica.
 
== Difusión ==
Liña 71:
A diseminación das ideas protestantes foi facilitada pola invención da imprenta, que fixo posible difundir unha ampla literatura apoloxética, bíblica e devocional e fomentou a edición de novas traducións da Biblia en linguas vernáculas. Estas revisións do texto fixeron patente a débil base dalgunhas doutrinas medievais. A nova forma de fundamentar a autoridade, xunto co rexeitamento da formulación escolástica agora substituída por linguaxe bíblica, facía difícil aos teólogos católicos romanos rebatela. No [[Concilio de Trento]], os bispos católicos partidarios de [[Roma]] optarían por limitar o acceso laico ás escrituras, establecendo que a Vulgata Latina era a única [[Biblia]] autorizada e redactando un índice de libros prohibidos.
 
Como resultado do apoio dos gobernos nacionais e locais, a Reforma Protestante logrou éxito en amplas áreas de Europa. Fíxose predominante no norte de Alemaña e en Escandinavia, na súa forma luterana. En Escocia prosperou a [[Igrexa Presbiterianapresbiteriana]]. Tamén as igrexas reformadas frutificaron nos Países Baixos, nas cidades suízas e no oriente de Hungría. Foron rescatadas para a Roma papal [[Francia]], [[Polonia]], [[Bohemia]], [[Bélxica]], [[Hungría]] e amplas rexións de [[Alemaña]] (sobre todo no sur e o oeste). Porén, co desenvolvemento dos imperios europeos, particularmente o británico, o protestantismo continuou a súa expansión. Os séculos XIX e XX presenciaron un forte labor misioneira que lle deu alcance mundial ao movemento. Hoxe en día, cálculos estimativos sinalan que máis de 600 millóns de persoas profesarían algunha das diversas formas do protestantismo moderno.
 
Con todo, ao promulgarse a [[Reforma Católica]] ou contrarreforma, iniciouse un programa expansivo do catolicismo en Europa. Iniciouse entón unha desestruturación do protestantismo europeo ao illar en núcleos pequenos os centros da Reforma como consecuencia da expansión dos xesuítas.