Antonio María Esquivel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
Fillo dun oficial de cabalería finado na [[Batalla de Bailén]] cando Antonio María tiña dous anos. En [[1823]] participou na defensa de [[Cádiz]] fronte aos [[Cen Mil Fillos de San Luís]].
 
Estudou na Escola de Debuxo de Sevilla. En 1831, xa casado, trasladouse a Madrid, onde foi nomeado académico da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]]. Durante unha larga enfermidade perdeu temporalmente a visión debido a unha afección herpética, o que lle levou a unha depresión (tentou botarse ao río en dúas ocasións) da que logrou sair grazas á intervención de [[Xenaro Pérez Villamil]]. ÉsteEste abríu unha suscripción no Liceo Artístico e Literario de Madrid para lograr os fondos cos que costearcustear un tratamento cun médico francés, cousa que conseguíu coa colaboración dos principais artistas españois do momento. Tra-la súa recupeación, en agradecemento á Sociedade, entregoulle o seu cadro ''A caída de Luzbel'', e lembrando a moitos de aqueles que colaboraron pintou o seu célebre "Os Poetas" (1846), onde os retratou. Hai que lembrar que un dos pintores que colaboraron á rifa entregando unha das súas obras foi o compostelán [[Ramón Antonio Gil Rey]], membro coma el da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
 
Entre as súas obras están, de tema relixioso ''Adán e Eva'', ''A casta Susana'', ''O anxo das ánimas'', ''A virxe de Belén'', ''Xesús no horto'' e ''O milagre do resucitado en Rami''; de tema histórico ''A campana de Huesca''; de tema mitolóxico ''O nacemento de Venus''; e os retratos ''Isabel II e a infanta Luisa Fernanda'', ''Juián Romea'', ''O neno Manuel Flores Calderón'' e ''Dona María Cristina''.