Bilateral (zooloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 62:
*** [[Echiura]]
}}
Os '''bilaterais''' ('''Bilateria''') son os [[animalia|animais]] con simetría bilateral, na cal o organismo é simétrico respecto a un plano (''plano saxital'') que divide o corpo en dúas metades idénticas en espello. Polo tanto, estes seres teñen unha parte dianteira e unha extrema traseira, así como unha dorsal e outra ventral. Este tipo de simetría é o máis estendido no [[Animalia|reino animal]].
 
Os animais evolutivamente máis primitivos e que teñen un tipo de vida sedentario posúen unha [[simetría radial]] en cambio os animais que teñen unha vida activa precisan da [[simetría bilateral]] para poder desenvolver as súas actividades. Para os animais [[Radiado|radiadosradiado]]s un lado do animal é tan importante como calquera outro pero se o individuo é activo precisa estar en busca de alimento, refuxio, lugares de repouso, e compañeiros de reprodución, todo isto require un conxunto de estratexias e dunha organización nova do corpo cunha forma alongada, con cabeza (anterior) e rematando nunha cola (posterior), en definitiva, unha estrutura bilateral do corpo.
Todos os [[filo (bioloxía)|filos]] triblásticos presentan simetría bilateral, aínda que secundariamente poidan perdela en estado adulto, como sucede nos [[equinodermo]]s.
 
== Filoxenia ==
Hai cando menos dous superfilos de Bilaterais. Os ''[[deuteróstomo]]s'' que inclúen os [[equinodermo]]s, [[Hemicordado]]s, [[Cordado]]s e posiblemente algúns filos menores, e os ''[[protóstomo]]s'' que inclúen o resto dos bilaterais, como [[artrópodo]]s, [[anélido]]s, [[molusco]]s, e outros seres vivos. Hai unha serie de diferenzas, principalmente na forma como o embrión se desenvolve. Unha das máis importantes consiste na apertura do embrión que tórnase en boca en protóstomos e [[Ano (anatomía)|ano]] en deuteróstomos.
 
Moitos [[Taxonomía|taxonomistas]] recoñecen agora polo menos dous superfilos entre os protóstomos: ''Ecdysozoa'' e ''Lophotrochozoa''. Outros taxonomistas recoñecen tamén outro Superfilo dentro dos protóstomos chamado ''Platyzoa'', mentres que outros dicen que os Platyzoa están dentro dos Lophotrochozoa<ref>[http://users.rcn.com/jkimball.ma.ultranet/BiologyPages/I/Invertebrates.html The Invertebrate Animals]</ref> e outros non os inclúen en ningún Superfilo.
 
A filoxenia dos bilaterais proposta por Nielsen (2001) é a seguinte<ref>Nielsen, C. 2001. Animal Evolution: Interrelationships of the Living Phyla. Second Edition. Oxford University Press, Oxford.</ref> (hai que ter en conta que isto non concorda coa caixa taxonómica que está neste artigo xa que nesta árbore clasifícase, por exemplo, a Phoronida e Brachiopoda como Deuteróstomos en vez Protóstomos) Unha filoxenia alternativa suxire un grupo basal chamada ''[[Ecdysozoa]]''.
 
 
{{clade| style=font-size:75%;line-height:75%