Fulepa das xunqueiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+son e vídeo
m Arranxos varios
Liña 23:
 
== Descrición ==
Miden uns 13  cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas de entre 17 e 21  cm. Os adultos pesan entre 10 e 15 g. A parte superior é castaña agrisada con marcas escuras, a inferior é amarelada. Teñen a gorxa abrancazada. Na cabeza amosa un "pucho" negro e ten unha [[marca superciliar]] ou [[cella]] de cor gris clara. A coloración dos dous sexos é semellante. O bico é aguzado.
 
== Distribución e hábitat ==
Cría en [[Europa]] e no leste e centro de Asia. É unha ave migratoria de longa distancia. Os exemplares europeos, presentes no continente entre abril e outubro, pasan o inverno ó sur do [[Sahara]], unha viaxe de ata 6.000  km para a que deben acumular boas reservas de graxa.
 
O seu hábitat son as xunqueiras e a vexetación mesta das beiras de ríos, lagos, pantanos e outras zonas acuáticas.