Ruminantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎top: Arranxos varios
Liña 25:
Os ruminantes son [[herbívoro]]s e dixiren os alimentos en dúas etapas: mastigando e tragando de maneira normal e despois regurxitando o alimento semidixerido para remastigar e volver tragar, para así poderen extraer ao máximo o seu valor nutritivo. O [[estómago]] dos ruminantes caracterízase por ter catro divisións.
 
Dadas estas características, a diferenza dos herbívoros non ruminantes, son capaces de aproveitar os [[carbohidrato]]s estruturais presentes nas plantas ([[celulosa]], [[hemicelulosa]] e [[pectina]], as dúas primeiras constituíntes da [[Fibra alimentaria|fibra]]), tendo así unha fonte de [[enerxía]] adicional e baseando a súa alimentación no consumo de [[forraxe]].
 
Non todos os animais que rumian forman parte da suborde dos ''Ruminantia'': os [[camelo]]s e as [[llama]]s e [[vicuña]]s (da familia dos [[camélidos]]) están entre as excepcións. Tampouco pertecen a esta suborde algúns dos grandes mamíferos que [[pasto|pastan]] e teñen adaptacións similares para sobrevivir con cantidades grandes de alimento de calidade inferior, como os [[canguro]]s e os [[cabalo]]s, que teñen un [[Cego (anatomía)|cego]] moi desenvolvido para dixerilo ben.