País Vasco (rexión histórica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 202:
A [[pelota vasca]] é o deporte máis característico do territorio. Xógase nos [[frontón]]s, con distintas modalidades tradicionais, sendo a pelota a man, cesta-punta, remonte, pala e trinquete as máis coñecidas. Este deporte se extendeu por todo o mundo, especialmente polos países de fala hispana, tendo unha presenza relevante en [[Florida]] ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]).
 
Non se debe esquecer a tradición vasca das regatas de [[traíña]]s, que xunto con outros pobos cantábricos realizan un circuitocircuíto de campionatos disputándose as famosas "bandeiras". Polo País Vasco participan: C.R. Arkote, [[Plentzia]] (Biscaia), Hondarribia A.E., [[Hondarribia]] (Guipúscoa), Zarautz Inmobiliaria Orio, [[Zarautz]] (Guipúscoa), C.R.O. Orio, [[Orio]], (Guipúscoa), Pasai Donibane, [[Pasai Donibane]] (Guipúscoa), [[Zumaia]] (Guipúscoa) e Urdaibai A.E., [[Bermeo]] (Biscaia).
 
Outros deportes vascos tradicionais ou rurais, están ligados ao traballo nos casaríos (baserriak) e ao gosto dos vascos polos desafíos entre distintos deportistas da zona, nos que se cruzaban apostas entre os veciños a favor dalgún dos contendentes, esta tradición séguese a conservar hoxendía, sendo a aposta unha compoñente moi importante nos espectáculos deportivos rurais vascos (tamén na pelota vasca). Os principais deportes rurais vascos que aínda se conservan son: o levantamento de pedra, onde o récord supera os 300 kg (harrijasotzaileak), o corte de troncos (aizkolariak), o corte de herba (segalariak), o levarse a soga un dos dous equipos tirando cada uno deles dende a súa metade até un dos dous extremos (soka-tira) e as probas de arrastre de grandes pedras con dous bois (idi-probak).