País Vasco (rexión histórica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 73:
 
=== Orixe da polémica ===
O concepto de Euskal Herria tivo, na súa orixe, pois, unha dimensión exclusivamente cultural xa que se trata do modo no que os vascoparlantes a partir do século XVI teñen denominado historicamente aos territorios nos que se falaba a súa língualingua (ou aos territorios sobre os que, aínda sen se falar o euskera, pertencían a territorios cunha grande impronta vascoparlante, caso da [[Ribera de Navarra]].
 
Coa eclosión de [[nacionalismo vasco]] a partir de finais do século XIX e a concienciación do retroceso territorial do euskera que xa denunciara [[Miguel de Unamuno]], o termo "Euskal Herria" considerado coma o territorio onde se fala o euskera, o pobo posuidor do euskera xa non podía constituír para o [[nacionalismo vasco]] o solar da "nación vasca"<ref name=Anasagasti>[http://ianasagasti.blogs.com/mi_blog/2006/05/por_algo_sabino.html "Por algo Sabino Arana chamou Euzkadi á Euskal Herria carlista" (Anasagasti)]</ref> e por iso, [[Sabino Arana]], considerado fundador do nacionalismo vasco, rexeitou a denominación ''Euskal Herria'', creando o novo termo "'''Euzkadi'''" con maior significado político, pois Arana inicialmente entendía que a súa patria (''aberri'') debía estar só composta por vascos xenuínos, independentemente da lingua que falaran, aínda que utilizaba habitualmente nos seus artigos o termo '''Euskeria''' (por exemplo: "Este partido nacionalista só naceu e vive para a Patria, que é Biscaia libre en ''Euskeria'' libre"<ref>[http://www.sabinetxea.org/libro/libro/8.html Artigo de Sabino Arana: "Ir a por lana y volver trasquilado" (1895)] no que utiliza a voz "Euskeria"</ref>).