La Rambla, Córdoba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos varios
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
Liña 5:
 
Tiña en [[2015]] unha poboación de 7.547 habitantes.
 
== Historia ==
Sobre o lugar que ocupa La Rambla asentouse un poboado prehistórico no lugar chamado La Minilla, onde hai algúns anos acháronse uns vasos campaniformes con máis de 3.000 anos. Posteriormente asentaríase unha cidade romana que amurallaría a poboación e sobre esta os musulmáns fundarían Al-Ramla (que significa areal). En [[1480]] a tenencia do seu castelo foi outorgada a [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], "O Gran Capitán".
 
Pero o [[6 de febreiro]] de [[1521]] La Rambla viviu o acontecemento histórico máis importante durante o reinado de [[Carlos I de España|Carlos I]], ao reunirse nela as cidades anticomuneiras de [[Andalucía]] para ratificar ao Rei. La Rambla era vila de realengo pertencente á xurisdición de [[Córdoba, España|Córdoba]]. En [[1647]] [[Filipe IV de España|Filipe IV]] permítelle nomear alcalde maior, pero cinco anos máis tarde a entrega ao [[Gaspar Guzmán Pimentel|Conde-Duque de Olivares]], cuxo herdeiro, o marqués de [[El Carpio]], véndea en [[1677]] aos marqueses de Almodóvar, máis tarde señores de La Rambla.
 
En La Rambla o [[4 de marzo]] de [[1864]] naceu [[Alejandro Lerroux]], que ocupou a presidencia do goberno durante un breve período da [[Segunda República Española]].
 
== Economía ==
A súa principal fonte de riqueza segue sendo a [[agricultura]], aínda que destaca a incipiente e próspera industria oleira, con máis de 110 fábricas que distribúen os seus produtos por todo o mercado nacional, e, de maneira progresiva vaise incorporando ao mercado internacional.
 
Pero, aínda sendo a industria oleira a máis importante, non é a única, conta o municipio de La Rambla cunha moderna fábrica de [[fariña]], das máis grandes de [[España]], outras de maquinaria agrícola, e as cooperativas olivareira. Contaba ata fai moi pouco cunha cooperativa vitivinícola actualmente en liquidación.
 
Está a verse un empuxe elevado de empresas do [[moble]], cunhas 40 industrias. Centros comerciais especializados en artigos de agasallo fan de La Rambla un gran centro comercial da comarca.
 
== Lugares de interese ==
*Igrexa parroquial da Nosa Señora da Asunción
*Igrexa da Santísima Trindade
*Castelo de La Rambla
*Ermida da Inmaculada Concepción
*Igrexa do Espírito Santo
*Ermida do Calvario
*Torre das Monxas
*Casa Museo Alfonso Ariza
*Museo da Cerámica
 
== Véxase tamén ==