Penouta, Correxais, Vilamartín de Valdeorras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*reptís > réptiles.
Liña 18:
A maiores do río Sil que o bordea, Penouta alberga nas súas delimitacións tres arroios torrenciais: O do Macelo, o das Pías e o de Rescoupín, algúns deles formando fermosas pincheiras e espazos de gran beleza paixasistica. Un cuarto arroio temporal, é o de Río-Seco e Penaponte. Lugar este último formado por unha pena ou rocha con forma de ponte natural, pola que pasa unha das estradas de acceso. Conta tamén esta aldea, con varias fontes de auga subterránea potábel, as fontes do Cano, do Penedo, de Chaudemedas e do Navalleiro.
 
A fauna local componse de xabarís, zorros, corzos, esquíos, xinetas, lebres, aves comúns (gorrións, perdices, corvos, mouchos, cucos, xílgaros etc), aves rapaces (águia común), aves zancudas (garza, cigoña),morcego común, anfibios (rás, sapos, salamandra), reptísréptiles (víbora común, lagartas) e acuáticos (peixe, troita, carpas).
 
A flora propia do lugar componse de árbores de folla caducifolia (castiñeiras, chopos, bimbios e vidueiras, árbores froitais, cerceiras silvestres, entre outros) e o piñeiro coma árbore perennifolio. A xesta, o toxo, e algúns hérbedos (madroños), son os compoñentes do matorral.