Kareem Abdul-Jabbar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 137:
O xogar nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] facilitoulle o probar como [[actor]]. Abdul-Jabbar fixo o seu debut na gran pantalla na película ''Game of Death'' xunto con [[Bruce Lee]], participando na rodaxe orixinal de Bruce Lee en [[1973]] antes da súa morte; e estreada en cinemas en [[1978]]; nesta película, Kereem e Bruce enfróntanse no combate máis famoso da película.<ref>[http://imdb.com/title/tt0077594/ Game of Death]</ref> En [[1980]] apareceu como Roger Murdock en ''Airplane!'', onde Jabbar ten unha escena memorable falando cun neno que realmente o recoñeceu como o xogador dos Lakers. Jabbar coméntalle que el é Roger Murdock, o piloto do avión, pero o raparigo segue insistindo que é "o mellor" pero que segundo o seu pai "non traballa moito en defensa e nunca o tenta, excepto en playoffs". Isto fai que o personaxe interpretado por Abdul-Jabbar se enfurezca e agarre ao mozo gritándolle "ouvín esa merda desde que estou en [[UCLA Bruins|UCLA]]!" e referíndose ao pai do raparigo "dille que tente levar a [[Bill Walton|Walton]] e [[Bob Lanier|Lanier]] durante 48 minutos arriba e abaixo da pista".<ref>[http://imdb.com/title/tt0080339/quotes Frases memorables da película Airplane!]</ref>
 
Jabbar apareceu en numerosas series de televisión e películas, como son as películas ''Fletch!'', ''BASEketball'' e ''Slam Dunk Ernest'', as series ''Diff'rent Strokes'', ''Full House'', ''[[O Príncipe de Bel-Air]]'' e ''Scrubs''. Fixo un cameo en [[1994]] nano peliculafilme de Mick Garris ''Apocalipsis'' baseada nunha novela de [[Stephen King]]. Tamén foi o coproductor executivo da película ''The Vernon Johns Story'' de [[1994]].
 
== Libros escritos ==