Xenocidio armenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 184:
Turquía non acepta que as mortes acaecidas en [[1915]] fosen o resultado dun plan organizado polo estado para eliminar á poboación armenia baixo a súa soberanía. Turquía defende unha postura que se basea en que o [[Imperio Otomán]] loitou contra a sublevación no seu territorio soberano da milicia armenia, apoiada esta polo goberno ruso. Existe así mesmo un desacordo en canto ó número de mortes. O goberno turco indica, que segundo estudos demográficos da época, eran menos de 1.5 millóns os armenios que vivían no Imperio Otomán, insinuando pois que as cifras publicadas relativas á morte de millón de armenios poden ser esaxeradas. Medios oficiais turcos cren que o número de vítimas pode situarse nun rango de cifras situado entre as 200.000 e as 600.000, menores que o número dos musulmáns que faleceron entre [[1912]]-[[1922]].
 
Máis recientementerecentemente, cifras máis baixas de vítimas armenias foron presentadas polo profesor Yusuf Halaçoğlu, director da Academia de Historia Turca (''Türk Tarih Kurumu''). En devanditos cálculos, estima que un total de 56.000 armenios faleceron durante o período debido ás terribles condicións derivadas da guerra ([[Primeira Guerra Mundial]]), e menos de 10.000 foron asasinados realmente. Noutra das súas investigacións, mantén que preto de 500.000 turcos foron asasinados por armenios. Malia que o goberno turco publicou oficialmente en datas recentes as cifras dos turcos supostamente asasinados polos armenios, aínda outra das investigacións de Halaçoğlu, que aseguraba que menos de 10.000 armenios foron asasinados, segue estando ausente das publicacións oficiais turcas no estranxeiro.
 
Turquía tamén critica as semellanzas co [[Holocausto]] indicadas por certos sectores, indicando que, a diferenza dos armenios, a poboación xudía de [[Alemaña]] e [[Europa]] non fixo campaña en prol dunha separación nin se rebelou aliándose con potencias estranxeiras.