Mariano Fragueiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
Fillo dun comerciante galego, adquiriu unha sólida cultura na Universidade de Córdoba e dedicouse tamén ao comercio, radicándose en [[Buenos Aires]], onde se relacionou co Deán Funes e casou cunha filla do rico español Martín de Álzaga.
 
En [[1825]] formaba parte do directorio do Banco de Buenos Aires, fundado a iniciativa de Bernardino Rivadavia e Manuel José García, e apoiou financieramentefinanceiramente a campaña do Trinta e Tres Orientais contra o [[Imperio do Brasil]]. Propuxo frear a saída de ouro e prata do país e resellar a moeda de prata para que pasase a ser un valor simbólico. A súa iniciativa foi rexeitada como estatista. Explorou e percorreu o río Terceiro, coa idea de facelo navegable, pero descubriu que o seu caudal non é suficiente.
 
En 1829, cando o xeneral Paz invadiu Córdoba e conquistou o goberno provincial, foi designado representante seu ante o goberno de Buenos Aires, dirixido entón por Juan Lavalle. Caído este, trasladouse a Córdoba, onde foi nomeado ministro de goberno. En 1831, ao caer prisioneiro Paz, foi nomeado gobernador interino, coa soa misión de asinar un tratado de paz (de renderse, en realidade) co caudillo Estanislao López. Foi arrestado e levado a Buenos Aires, onde comprou a súa liberdade.