Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Antecedentes: Bot: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 180:
O hórreo de cantería predomina na parte occidental das provincias da Coruña e Pontevedra e no norte da de Lugo, pero sen chegar a ser exclusivo. O granito destas zonas está pouco [[diaclasa]]do, o cal permite empregalo dentro dun esquema construtivo arquitrabado constituído por pezas horizontais de gran luz sostidas por esteos verticais. No norte o granito, moi fendido, non permite a súa submisión a esforzos de flexión. Por este motivo o hórreo está sostido por cepas de cachote e peóns de granito, ou é todo el de madeira sobre cepas de cachotería, xa máis ao norte.
 
Nos casos nos que cómpracumpra construír soportes de fábrica procúrase minimizar o número de xuntas verticais para reducir ao mínimo a cantidade de humidade que poida ascender dende o chan por capilaridade. Nos hórreos sobre esteos este problema está resolto polo monolitismo do propio esteo. para conseguir o mesmo afecto, nas cepas de cachotería adóptase o uso de tornarratos horizontais, que cortan a comunicación da cámara co chan a través de xuntas verticais de morteiro.
 
Os materiais de cubrición empregados son tres: a tella cerámica (case sempre curva), a lousa de xisto e a lousa de granito. A tella cerámica é material exclusivo de toda a área occidental e meridional. O xisto atópase na área oriental. A lousa de granito é empregada raramente, máis canto máis ao sur.<ref name="imr"/>