Rainer Werner Fassbinder: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m imaxe
m Arranxos varios
Liña 41:
Nado nunha familia burguesa, os seus pais separáronse en 1951, quedando coa súa nai. Porén, a [[tuberculose]] da súa nai mantívoos separados longas tempadas, sendo coidado por amigos. Fassbinder cada vez volvíase máis independente e incontrolable, pasando moito tempo nas rúas e escapándose da escola. Co diñeiro que lle daba a súa nai ía ao cine case cada día, e en ocasións, tres ou catro veces no mesmo día. Con quince anos marchou a [[Colonia, Alemaña|Colonia]] a vivir co seu pai, co que discutía habitualmente. Aló estudou na escola nocturna e facía pequenos traballos. Tamén comezou a escribir obras, poemas e contos.
 
En 1963 mudouse a [[Múnic]], tomando clases de interpretación. En 1965 escribiu e dirixiu unha curtametraxe, ''Der Stadtstreicher'', financiado polo seu amante, o aspirante a actor Christoph Roser. Dous anos despois uniuse a unha compañía teatral, na que actuaba e dirixía.
 
A partir de 1969 concentrouse na súa carreira cinematográfica, pero volveu intermitentemente ao teatro ao longo da súa vida. Durante os quince anos que durou a súa carreira no cinema dirixiu máis de corenta filmes e telefilmes. Ademais tamén foi compositor, director de produción, director de fotografía, produtor e montador, recibindo premios en múltiples festivais.
 
Nos anos nos que rodaba o seu último filme, ''[[Querelle]]'' (1982), Fassbinder abusaba do alcohol e das drogas. A tarde do nove de xuño de 1982, entou no seu cuarto a traballar nun futuro filme, ''Rosa L'', baseado na vida de [[Rosa Luxemburg]]. Á unha da madrugada falou por teléfono co seu amigo e axudante Harry Baer. Cando a parella de Fassbinder, a montadora Juliane Lorenz, chegou á casa, entrou no cuarto (sen permiso) e atopouno morto na cama. A causa da morte foi un dose letal de [[cocaína]] e [[barbitúrico]]s.<ref>[http://www.spiegel.de/spiegel/print/d-14344354.html "O du verhasst-geliebtes Gift"], ''Der Spiegel'', 21 June 1982</ref>
 
== Filmografía ==
Liña 137:
* [http://www.filmdenken.de/essay/fassbinder.htm Artigo]
* [http://www.goethe.de/kue/flm/far/en6013539.htm "We still miss him"], artigo do Insituto Goethe (2010)
 
{{ORDENAR:Fassbinder, Rainer Werner}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Fassbinder, Rainer Werner}}
[[Categoría:Directores de cine de Alemaña]]
[[Categoría:Nados en Baviera]]