Feta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 2:
[[Ficheiro:Feta Greece 2.jpg|300px|miniatura|Queixo Feta]]
[[Ficheiro:GreekSalad.jpg|250px|miniatura|Queixo Feta nunha ensalada grega]]
'''Feta''' ([[lingua grega|grego]]: '''φέτα''', xénero feminino) trátase dun [[queixo]] clásico de [[Grecia]] fundamentado na [[callada]] do [[queixo]] que se cura en [[salmoira]]. Este tipo de queixo é moi tradicional, remóntase, polo menos, á Antigüidade [[Homero|homérica]] (Na [[Rapsodia]] "I" da [[Odisea]] inclúese unha moi completa descrición da preparación da ''feta''). A feta elabórase xeralmente con leite de [[ovella]] aínda que poden atoparse variedades con leite de [[cabra]] e mesmo de [[vaca]] nalgunhas áreas.
 
== Principais características ==
É un queixo brando, sen "pel" que se expende en porcións rectangulares ou en forma de cuña. A súa consistencia é sólida aínda que flexible posuíndo algunhas gretas e presentando poucos pequenos ocos ou ningún. A súa porcentaxe [[butiro]]sa (teor graxo) mínimo é do 43% do peso neto. Ao gusto é delicadamente craso e lixeiramente acedo resultando nun sabor moi grato.
 
No comercio, a auténtica ''feta'' distribúese en caixas de madeira ou, na súa falta, en envasada en lata.
 
== Emprego ==
O queixo feta está amparado por unha [[Denominación de orixe]] como un dos ingredientes da [[Ensalada grega]] e das [[empanada]]s gregas chamadas ''[[spanakotiropites]]''.
 
A palabra '''feta''' tamén significa corte moi delgado de queixo ou friames. Exemplo unha '''feta''' de queixo, unha '''feta''' de xamón.
 
== Véxase tamén ==