La Monumental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 2:
'''La Monumental''' é unha [[praza de touros]] da cidade de [[Barcelona]], situada no barrio do [[Fort Pienc]]. Inaugurada en [[1914]] co nome de ''El Sport'', foi rebautizada en [[1916]] co seu nome actual. A última [[corrida de touros]] que se celebrou foi o [[25 de setembro]] de [[2011]], que foi tamén a última en [[Cataluña]], logo da abolición dos espectáculos taurinos por parte do [[Parlamento de Cataluña|Parlament]] o [[28 de xullo]] de [[2010]].
 
O edificio de [[1914]], obra de [[Joaquim Raspall]], tiña unha fachada de estilo noucentista e posteriormente encargouse a [[Ignasi Mas i Morell]], en colaboración con [[Domènec Sugranyes]], engadir unha coroa exterior acabada en [[1916]], que é a fachada que actualmente existe, de estilo mudéxar e bizantino.
 
A praza ten capacidade para 19.582 espectadores. Foi a última praza de touros de Barcelona onde se celebraron [[corrida de touros|corridas]], logo da desaparición das prazas de ''El Torín'' e ''Les Arenes''. Actualmente, a Monumental é escenario de actos musicais e espectáculos de circo.