Cerdic de Wessex: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
De acordo coas crónicas anglosaxoas, Cerdic chegou á illa de [[Britannia|Britania]] no ano 475 nunha das incursións xermánicas que se producían nesta época na que a provincia romana se atopaba en franca decadencia. Roma, asediada polos invasores, non puido manter o seu poder en Inglaterra e os [[anglos]] e [[Saxóns|saxóns]] comezaron a penetrar no seu territorio.
 
Cerdic, proveniente do norte da actual Alemaña ou Holanda, chegou á costa británica xunto co seu fillo [[Cynric de Wessex|Cynric]] en tres barcos saxóns, case con toda seguridade na zona de [[Hampshire]]. Alí atopou un rei chamado [[Natanleod]] ao cal respectou durante quince anos. Con todo, en [[508]] asasinouno, proclamándose primeiro rei de Wessex. Cerdic proseguiu a súa conquista sobre territorio da antiga provincia romana de Britania, ocupando a [[Illa de Wight]] e regalándolla logo a dous dos seus homes de confianza, Stuf e Wighgar. É posíbel que Cerdic fose o caudillo saxón que foi vencido na [[Batalla do Monte Badon]] segundo algunhas crónicas. Outras indican que participou na [[batalla de Aele]].