Utilitarismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{enuso}} A '''ética utiliritarista''' é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior utilidade. A "utilidade" defínese de varias maneiras, b..."
Liña 1:
{{enuso}}
O '''utilitarismo''' é a teoría que sostén a maximización de toda [[felicidade]] humana e minimización do [[sufrimento]], unha [[doutrina filosófica]] que sitúa á utilidade como principio da [[moral]], determinada polo carácter práctico dos seus resultados.
A '''ética utiliritarista''' é a teoría ética que defende que a mellor acción é aquela que ten a maior [[utilidade]]. A "utilidade" defínese de varias maneiras, baseándose por regra xeral en termos de [[benestar]] de entidades con capacidade de sentir. A primeira persoa en plantear esta teoría foi o inglés, [[Jeremy Bentham]]. Este planteou que a utilidade era a suma do pracer que resulta dunha acción menos o sufrimento de calquera persoa involucrada nela. A ética utilitarista, tamén coñecida como utilitarismo, é unha rama do [[consecuencialismo]], planteamento que defende que as consecuencias dunha acción son o único que permite diferenciar entre o [[ben]] e o [[mal]]. A diferencia do [[egoísmo]], a ética utilitarista considera todos os intereses por igual, sexan propios ou alleos.
 
O termo '''utilitarismo''' aplícase con máis propiedade á teoría que sostén que o obxectivo supremo da acción moral é o logro da maior felicidade para o máis amplo número de persoas. Este obxectivo tamén foi considerado como fin de toda lexislación e como criterio último de toda institución social. En xeral, a teoría utilitarista da ética oponse a outras doutrinas éticas nas que prevalece un sentido interno ou absorto do correcto e o incorrecto. O utilitarismo está así mesmo en desacordo coa opinión que afirma que as distincións morais dependen da vontade de Deus e que o pracer que proporciona un acto ao individuo que o leva a cabo é a proba decisiva do ben e do mal.
 
==Orixe do utilitarismo==
O utilitarismo é un movemento característico da filosofía empírica inglesa que, revestida de certo altruísmo, exalta o principio do pracer —única cousa boa en si que constitúe, á súa vez, a principal meta do xénero humano— a fin de lograr a felicidade para o maior número de persoas e acabar coa única cousa mala en si, isto é, coa dor.
 
O utilitarismo, que recibe tamén o nome de radicalismo filosófico, tivo a súa orixe en [[Inglaterra]] do [[século XIX]]. Non obstante, xa existía un precedente entre os pensadores da Antigüidade Clásica que resaltaban como o home perseguía a felicidade e fuxía da dor. Filósofos como [[Hobbes]] e [[Locke]], cualificados representantes do empirismo inglés e preocupados pola problemática sociolóxica, tamén contribuíron coas súas doutrinas e teorías ao desenvolvemento e nacemento do utilitarismo. Así mesmo, determinadas correntes de pensadores sosteñen que xulgar as accións polas súas consecuencias, boas ou malas, leva implícita a definición dos conceptos da responsabilidade e o deber, polo que habería que distinguir entre ''utilitarismo dos actos'' e ''utilitarismo das regras ou normas''.
 
==Tipos de utilitarismo==
===Utilitarismo negativo===
A base desta corrente é unha declaración de [[Karl Popper|Popper]] da necesidade de buscar, en vez de dar, a felicidade, e minimizar o sufrimento. O sufrimento sería tratado como a miseria que trae dor real, e non só a infelicidade, pois en caso contrario a doutrina perde claridade. O que pasa é que un utilitarista puro negativo podería aceptar como opción válida exterminar a humanidade, pois desta forma podería acabar coa miseria.
 
===Utilitarismo do acto contra o utilitarismo das normas===
A forma tradicional de utilitarismo é a de utilitarismo do acto, que afirma que o mellor acto é aquel que achega a máxima utilidade. Unha forma alternativa é o utilitarismo das normas, que afirma que o mellor acto é aquel que forme parte dunha norma que sexa a que nos proporciona máis utilidade.
 
En suma, o utilitarismo da regra é a teoría de que a corrección ou incorrección dunha acción debe ser ponderada pola bondade ou maldade das consecuencias dunha lei. Sendo unha lei ou regulamento, polo tanto, para o que todos deben adaptar as súas accións en tales circunstancias. Ademais, a crítica fundamental do utilitarismo é a súa incapacidade para considerar as regras que o sentido común parece ditar decisións e a súa incapacidade de considerar, de forma expresa, os distintos dereitos humanos.
 
===Utilitarismo preferencial===
É un tipo particular de utilitarismo que define á utilidade en termos de satisfacción das preferencias. Os utilitaristas da preferencia afirman que o facer correcto é aquilo que produza as mellores consecuencias, pero definindo ás mellores consecuencias en termos de satisfacción das preferencias, que incluiría conceptos como a "reputación" antes que o puro.
 
==O utilitarismo de Bentham e de Stuart Mill==
O utilitarismo na súa raíz está inspirado por un ideal de benestar social: a través de condicións de vida dignas para todos os cidadáns e do fomento das liberdades. Os dous representantes máis importantes foron Jeremy Bentham e John Stuart Mill. [[Jeremy Bentham]] (1748-1832) foi un afamado filósofo, xurista e político inglés. Na súa consideración da utilidade do pracer subliñou a importancia da imparcialidade para considerar a todo ser humano como ser a ter en conta na súa busca do pracer. Isto é algo que rompía co tradicionalismo clasista das sociedades antigas. Significaba que unha sociedade non ten que valorar como superior o pracer dunha persoa por ser aristócrata, ou por ser máis adiñeirado que outra persoa non aristócrata ou con pouco diñeiro. Entre as súas obras desta ''Introdución aos principios da moral e da lexislación''.
 
[[John Stuart Mill]] (1806-1873), filósofo, político e economista inglés, recolleu a teoría de Bentham, estudouna e complementouna con achegas orixinais. Unha das súas obras máis importantes titúlase precisamente ''Utilitarismo''. Hai unha frase de Stuart Mill que se fixo famosa: "''Prefiro ser un Sócrates insatisfeito antes que un porco satisfeito''", o que, de modo moi expresivo, vén querer dicir que non todo pracer é desexable nin persoal nin colectivamente. No cálculo de praceres ademais de ter en conta a sociedade na súa totalidade hai que ter en conta a pertinencia moral da calidade do pracer. Claro, que para iso, como dixo Stuart Mill, os membros da sociedade han de estar ben informados, ben instruídos e educados, e sen imposicións, desde a liberdade como valor importante, han de poder descubrir e elixir aqueles praceres de máis valor, que lles realizarán máis como persoas tanto a nivel individual, buscándoos individualmente, como a nivel colectivo, fomentándoos solidariamente.
 
==Filósofos utilitaristas e obras==
 
{| class="wikitable col1der col2cen col3izq"
|Nome
|Obras representativas
|-
| [[David Hume]] || ''Tratado da natureza humana'' (Londres, 1740), ''Investigación sobre os principios da moral'' (Londres, 1751), ''Investigación sobre o entendemento humano'' (Londres, 1777) ||
|-
|[[Jeremy Bentham]] || ''Fragmento sobre o goberno'' (Londres, 1776), ''Introdución aos principios da moral e a lexislación'' (Londres, 1789), ''Deontoloxía'' (Londres, 1834)||
|-
|[[William Godwin]] || ''Investigación sobre os principios da xusticia política'' (Londres, 1793), ''As cousas tal cal son, ou as aventuras de Caleb Williams'' (Londres, 1794), ''Reflexións sobre o home'' (Londres, 1831)||
|-
|[[James Mill]] || ''Historia da India'' (Londres, 1817), ''Elementos de economía política'' (Londres, 1821), ''Análise dos fenómenos da mente humana'' (Londres, 1829) ||
|-
|[[John Stuart Mill]] || ''Sistema de lóxica'' (Londres, 1843), ''Sobre a liberdade'' (Londres, 1859), ''Utilitarismo'' (Londres, 1863)||
|-
|[[Henry Sidgwick]] || ''Os métodos da ética'' (Londres, 1874), ''Ética práctica'' (Londres, 1898)||
|-
|[[R. M. Hare]] || ''A linguaxe da moral'' (Oxford, 1952), ''Liberdade e razón'' (Oxford, 1963), ''Pensamento moral'' (Oxford, 1981) ||
|-
|[[Peter Singer]] || ''Liberación animal'' (Nueva York, 1975), ''Ética práctica'' (Cambridge, 1979), ''Repensar a vida e a morte'' (Melbourne, 1994)||
|}
 
==Véxase tamén==
=== Ligazóns externas ===
*[http://mundofilosofia.portalmundos.com/filosofia-utilitarista-o-la-busqueda-de-la-felicidad-empirismo-ingles-y-altruismo/ Filosofía utilitarista, o la búsqueda de la felicidad: Empirismo inglés y altruismo] {{es}}
*[http://cuestor.wordpress.com/2007/06/01/utilitarismo-negativo/ Utilitarismo negativo] {{es}}
*[http://aulafacil.com/responsabilidad-social-corporativa-teorias-eticas-economia/curso/Lecc-5.htm Utilitarismo del acto y utilitarismo de la regla] {{es}}
*[http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/4esoetica/quincena4/quincena4_contenidos_3.htm El utilitarismo de Bentham y de Stuart Mill] {{es}}
*[http://www.utilitarian.net/es/ Filósofos utilitaristas] {{es}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filosofía]]