Gardamariña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Corbeta > corveta.
m Arranxos varios + Cda
Liña 4:
[[Ficheiro:SP Alumnos.gif|miniatura|300px|'''Cabaleiro Garda mariña e Aspirante''' de cuarto e segundo ano respectivamente.]]
 
O grado de garda mariña existe en [[España]] desde [[1717]]. Os cabaleiros e damas garda mariñas son os alumnos aspirantes a ser oficiais da [[Armada Española]]. Constitúen o grado máis baixo do Corpo de Oficiais. Denominase así aos alumnos de terceiro e cuarto curso da [[Escola Naval Militar]]. Poden ser do Corpo Xeneral da Armada, do de Infantería de Mariña ou do de Intendencia da Armada.
 
Proceden dos Cabaleiros ou Damas Aspirantes, que é como denominase aos alumnos da Escola Naval Militar durante os dous primeiros cursos do plan de estudos. Para o ingreso como aspirante debe superarse a selectividade e aprobar unha oposición, pasar un recoñecemento médico e superar unhas probas físicas.
 
Durante o período de garda mariña, sóese efectuar o cruceiro de instrución, ó longo de varios meses, a bordo do buque escola ''[[Juan Sebastian Elcano]]''; cuxo primeiro precedente foi a viaxe de circunnavegación emprendido en [[1892]] pola [[Viaxe de circunnavegación da corveta Nautilus|corveta '''''Nautilus''''']] baixo o control do [[Capitán de Fragata]] [[Fernando Villaamil]].
 
Unha vez superados os cursos de garda mariña, son ascendidos a [[Alférez de Fragata|alférez de fragata]] (os de Corpo Xeneral) ou [[alférez]], que é o quinto curso da carreira de Oficial da Armada. Ao superar este curso reciben despachos como [[Alférez de Navío|alféreces de navío]] ou [[tenente]]s, e son destinados a unidades da Armada.
Liña 15:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.armada.mde.es/ Sitio web da Armada Española]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Armada Española]]