Pradairo xaponés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *avanzo
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
 
== Descrición ==
É un [[arbusto]] ou [[Árbore|árboriña]] de [[caducifolio|folla caediza]] miúda que acada alturas de 6 a 10 m, raramente 16 [[metro|m]]; con frecuencia medra coma planta accesoria en [[foresta]]s e fragas sombrizas. Pode ter múltiples [[Tronco (botánica)|toros]] dende o chan. En hábito de crecemento, toma formas de [[Pirámide (xeometría)|pirámide]] (especialmente cando é novo) ou de [[cúpula]], cando maduro.<ref name="gelderen">van Gelderen, C.J. & van Gelderen, D.M. (1999). ''Maples for Gardens: A Color Encyclopedia''.</ref> As [[folla]]s de 4-12 [[centímetro|cm]] de longo e ancho, palmadas lobuladas con 5-7-9 lóbulos agudos rematados en punta; de cores verdes ou purpúreas avermelladas tornándose vermellas brillantes polo outono. Algunhas especies son moi decorativas polas súas follas encarnadas púrpura transparentes na primavera, máis tenues polo verán, volvéndose vermello violáceas polo outono. As [[flor]]es están en pequenas [[cima (botánica)|cimas]], son individuais, con 5-[[sépalo]]s vermellos ou púrpuras e 5-[[pétalo]]s abrancazados. O [[froito]] consiste nun par de [[sámara]]s con ás, cada unha de 2-3 [[centímetro|cm]] de longo con [[semente]]s de 6-8 [[mm]]. As súas sementes e as de especies semellantes requiren se estratificar para [[xerminación|xermolaren]].<ref name="gelderen" /><ref name="rushforth">Rushforth, K. (1999). ''Trees of Britain and Europe''. Collins ISBN 0-00-220013-9.</ref>
 
Na natureza, ''Acer palmatum'' presenta considerábel [[variación xenética]], pois as [[sementeira]]s da mesma árbore paterna poden mostrar diferenzas en características como o tamaño e a forma da folla, ou a cor.<ref name="gelderen" />
Liña 93:
* '''''[[Acer sieboldianum]]''''' <small>[[Miq.]]</small>- pradairo Siebold
 
Estes pradairos fenotipicamente variábeis dentro de cada especie, poden [[Híbrido (bioloxía)|hibridar]] con outros, distinguíndose entre eles puidendopodendo ser materia de [[especiación|gradiente de especiación]]. En propagación comercial, ''A. palmatum'' é frecuentemente usado como [[portaenxertos]] desas outras especies.<ref name="gelderen" />
 
== Notas ==