Filipe V de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Felipe V: Arranxos varios
Moedagalega (conversa | contribucións)
*pérdida > perda.
Liña 93:
 
== Política exterior (1725–1746) ==
[[Ficheiro: Utrecht Treaty.png|miniatura|250px|dereita|PérdidasPerdas territoriais como consecuencia do [[Tratado de Utrecht]].]]En 1725 asínanse tratados de paz e alianza con [[Carlos VI de Alemaña|Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico]] e ao ano seguinte comeza a guerra hispano-británica. Esta rivalidade, orixinada nas vantaxes que obtivera Inglaterra no Tratado de Utrecht, marcará o resto do reinado con incesantes incidentes marítimos (dende [[1739]] a coñecida co nome de [[Guerra da orella de Jenkins]]).
A organización da Liga de Hannover entre as potencias europeas receosas do tratado hispano-austríaco obrigou a denuncialo e a asinar o Convenio de El Pardo ([[1728]]) que recoñeceu definitivamente a vixencia do Tratado de Utrecht. Baixo a dirección de [[Patiño]] reorientouse a política exterior, buscando a alianza con Francia a través de o primeiro [[Pacto de Familia]] [[1733]]), no contexto da [[Guerra de Sucesión Polaca]]. A ambivalente posición fronte a o [[tratado de Utrecht]] e a política europea de Francia tamén tivo como obxectivo a recuperación dos territorios italianos para situar neles os fillos de Isabel de Farnesio e crear estados satélites de España. A tarefa foi encomendada a Carlos, o futuro [[Carlos III de España]], que empezou por [[Piacenza]], [[Parma]] e [[Toscana]] ([[1732]]) para logo ocupar o trono de [[Nápoles]] ([[1734]]) (os tres ducados houberon de ser devoltos a Austria, para ser máis tarde recuperados, menos Toscana, polo infante [[Filipe I de Parma|Filipe]]).España volveu ser unha potencia naval dominando o Atlántico, e a ter en conta no [[Mediterráneo Occidental]] (aínda que Inglaterra segue controlando [[Xibraltar]] e [[Menorca]]). O novo ministro [[José del Campillo e Cossío]], no contexto da [[Guerra de Sucesión Austríaca]] levou ao [[Segundo Pacto de Familia]] ([[1743]]).
=== Sacro Imperio Romano Xermánico ===