Sistemática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Sistemática"
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''sistemática''' é unha área da bioloxía encargada de clasificar ás [[Especie|especies]] a partir da súa historia [[Evolución|evolutiva]] ([[filoxenia]]). Ocúpase da diversidade biolóxica nun plano descritivo e nun interpretativo.<ref>Mayr & Ashlock, 1991.</ref>
 
A unidade fundamental da que parte toda a clasificación é a [[especie]], aquela agrupación de seres na que todos os seus membros son quen de aparearse entre si e producir descendencia viable e [[Fertilidade|fértil.]]. Para a designación das especies utilízase a [[nomenclatura binomial]] de Linneo, consta de dúas palabras escritas en minúsculas e cursiva, a primeira delas corresponde sempre ó xénero e comeza con maiúscula e a segunda escrita na súa totalidade en minúscula corresponde á especie. Os nomes de xéneros e especies sempre van nunha tipografía diferente que o resto do texto, normalmente en itálicas para texto tipografiado e subliñados no caso dun texto escrito a man. Os biólogos e paleontólogos adoitan incluír detrás do nome completo da especie o nome da persoa que a describiu, así como o ano de publicación.
 
Nos anos cincuenta o entomólogo alemán Willi Hennig (fundador da [[cladística]]), suxeriu un sistema de agrupación baseado na historia evolutiva dos seres vivos ([[Filoxenia|filoxénese]]), no que tras estudar todas as características dun grupo e excluír aquelas que non marcan o seu desenvolvemento, define unha nova agrupación, chamada '''[[clado]]''', é necesario advertir que os trazos máis obvios e acusados non necesariamente marcan o desenvolvemento evolutivo dunha liñaxe. Esta agrupación en clados presta máis atención ós puntos en que os diversos clados se bifurcan ou separan entre si, que á agrupación por características morfolóxicas, que nalgúns casos, poderían ser secundarias e desvirtuar a lóxica no tempo do esquema arbóreo.
Liña 10:
Dende que a [[vida]] xurdiu nas súas formas máis sinxelas, hai aproximadamente 3.500 millóns de anos, os [[Ser vivo|seres vivos]] fóronse diferenciando xeración tras xeración nun proceso de [[evolución]] continua. Estímase que están descritas ó redor de 2 millóns de [[Especie|especies]] viventes de animais e inférese que deben existir varios millóns máis. Se pensamos no número de especies que xorden e as extintas dende que apareceu a vida, o número total ascende extraordinariamente.
 
A sistemática é unha área da bioloxía que se desenvolveu primeiro dentro do campo da [[historia natural]], abranguendo a parte descritiva e sistemática da [[Xeoloxía|xeoloxía.]]. O seu método centrouse inicialmente na observación sistemática. A rápida acumulación de datos descritivos conduciu a mediados do [[século XVIII]] á revolución linneana, co estabelecemento de convenios precisos de nomenclatura e clasificación dos seres vivos, válidos con independencia da nacionalidade, a lingua ou os obxectivos precisos do investigador. Así que o sistema máis utilizado con algunhas modificacións é o "Linneano", creado polo botánico sueco [[Carl von Linné]] (1707-1778) no [[século XVIII]].
 
A[[Século XIX|s]]<nowiki/>í como outras ciencias que se ocupan de sistemas complexos e determinados por unha historia concreta, a sistemática beneficiouse do desenvolvemento da [[estatística descritiva]], dende finais do século [[Século XIX|XIX]] e moi e[[Século XX|s]]<nowiki/>pecialmente da [[estatística multivariante]], a mediados do [[Século XX|XX]].<ref>http://www.scribd.com/doc/7996147/11-Conocimiento-sistematico-para-la-conservacion-biologica Conocimiento sistemático para la conservación biológica</ref>
Liña 31:
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Bioloxía sistemática]]
[[Categoría:Taxonomía]]