Literatura en aragonés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 15:
A escasa literatura que se produce en aragonés no século XIX e boa parte do XX é dun carácter marcadamente popular e localista, de carácter diglósico xa que só se escribe sobre determinados temas e exclusivamente na fala local sen intentar chegar a unha norma común. Leandro Gastón, autor dunhas poucas composicións en cheso e Bernardo Larrosa autor do [[sainete]] ''Un concello de aldea'' (1847) son practicamente os dous únicos autores salientables do XIX.
 
O século XX presenta maior variedade, tanto de autores como de temas, dentro da pobreza na que se move a literatura en aragonés, ata fins do século as obras aparecen en revistas locais, follas soltas, libros de festas ou permanece inédita, apenas se publican libros. Entre os autores da primeira metade do século [[Cleto Torrodellas]] (1868-1939), poeta popular de [[Estadilla]] con escasa formación cultural, non se sae da poesía popular destacando a súa última composición ''Banco de llosas gastadas'' sobre a fugacidade da vida. O cheso [[Domingo Miral]] (1872-1942) cunha maior formación cultura, era catedrático de grego, autor da comedia ''Qui bien fa nunca lo pierde'' e un sainete ''Tomando la fresca en la cruz del cristiano o a casarse tocan'' porén a súa calidade literaria é nula, son obras cheas de tópicos que pretenden recoller a fala de Echo e nas que as acotacións escénicas aparecen en castelán, reflectindo a diglosia da escasa literatura que se producía en aragonés. A vila de Graus contou cun pequeno núcleo de cultivadores da fala local, Dámaso Carrera, Vicente Lacambra e sobre todo Tonón de Baldomera (1904-1977), de orixe catalá autor de composicións populares de escasos recursos literarios. Pero será en Echo onde apareza o mellor poeta popular, Veremenundo Méndez (1898-1968) que dotou á variedade chesa dunha tradición literaria e foi considerado polos primeiros autores do aragonés común como o seu pai literario.
 
Na segunda metade do século XX, [[José Gracia]] (1899-1981) que escribe nun aragonés tinxido de occitanismos produto da súa estadía no sur de [[Francia]], a súa mellor composición é ''O nieto y o agüelico''; Nieus Luzia Dueso Lascorz (1930-), poeta lírica en ''Al canto'l Zinqueta'' (1980) e narradora en ''Leyendas de l'Alto Aragón'' (1985) e na novela ''La fuen de la Siñora'' (2002); Chusé María Ferrer (1954-), autor de ''Ta las fuens me'n voy'' (1985), primeiro poemario en benasqués, manifesta unha preocupación pola situación e a calidade da lingua empregada e a profundización lírica do eu; Chuana Coscujuela (1910-2000), autora de ''A lueca (a istoria d'una mozeta d'o Semontano)'' (1982), narración novelada da súa infancia, foi o primeiro libro que se escribiu na fala do Somontado e converteuse no máis vendido da literatura aragonesa, con tres edicións e 6000 exemplares.