Sedimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Corrixiuse o xénero da palabra "auga".
Liña 5:
Os sedimentos son partículas non consolidadas, creadas pola [[meteorización]] e a [[erosión]] das rochas, pola [[precipitación química]] de solucións acuosas ou pola secreción de organismos e transporte polas augas, o vento e os [[glaciar]]es.
 
Os sedimentos que se acumulan no fondo dun corpo de auga son de gran valor para o estudo dos ecosistemas, dado que conservan o rexistro histórico do que sucedeu no lugar. As substancias tóxicas vertidas aoá auga, por exemplo, tenden a depositarse no sedimento, e se este se remove, poden volver quedar suspendidas, permanecendo novamente a disposición e afectando aos [[ser vivo|organismos]] dese ambiente.
 
Se denomina "sedimento" a todo tipo de depósito formado por partículas —de natureza mineral e biolóxica— transportado por fluídos, especialmente a auga e o aire. Algúns autores fan unha distinción entre o material que se transporta e aquel xa depositado. O sedimento do fondo non é inerte, nel acumúlanse diferentes substancias que forman parte do ambiente acuático. É parte activa do sistema, xa que reprocesa por medios químicos, físicos e biolóxicos o material que contén, e incluso serve como hábitat para diversos organismos: dende [[bacteria]]s, [[Fungo (bioloxía)|fungos]], [[Animal|animais]] e vexetais microscópicos ata organismos maiores e máis complexos, e incluso [[peixe]]s.