Carnizaría: Diferenzas entre revisións
Creada como tradución da páxina "Carnicería" |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 7 de marzo de 2017 ás 12:28
A carnizaría é un establecemento onde se comercializan diferentes tipos de carnes crúas dedicadas ó consumo humano. Xeralmente, na carnizaría realízanse as tarefas de procesado finais tales como despezamento e o picado das carnes. O equipamento mínimo dunha carnicería consta dun refrixerador industrial, un soporte para o despezamento, un conxunto de coitelos e un mostrador refrixerado.
Historia
Dende tempos dos romanos, o oficio de carniceiro estivo regulamentado, diversificado e ás veces dotado de certos privilexios. Na idade media europea era un cargo hereditario. En 1096, creouse o primeiro establecemento de venda de carne en París (actual Place du Châtelet) deste xeito iniciouse a caste da Grandepenee en mans dunhas familias determinadas que foron ós poucos facéndose máis ricos (eran só unhas 20 familias aproximadamente). Os estatutos de 1589 en Francia obrigaron ós carniceiros a comercializar a carne xusto no intre no que se pesaba a carne en balanzas, e non a ollo como viña facendo dende moi antigo.