Dialecto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
=== [[Lingüística histórica]] ===
Moitos historiadores lingüísticos pensan que tódolos idiomas son dialectos de formas de comunicación anteriores das que se desenvolveron. Segundo este punto de vista, as [[linguas románicas]] modernos serían dialectos do [[lingua latina|latín]], o [[grego moderno]] do [[grego antigo]] e o [[Toktok Pisinpisin]] do inglés. Este paradigma non está totalmente exento de problemas. As relacións xenéticas son o máis importante, e os "dialectos" dun "idioma" (que pode ser "dialecto" doutro idioma anterior) poden ser ou non mutuamente comprensibles. Ademais, unha lingua nai pode dar lugar a moitos "dialectos" que poden así mesmo subdividirse numerosas veces, e algunhas destas ramas poden cambiar máis rapidamente ca outras. Isto pode dar lugar a dous dialectos (definidos segundo este paradigma) cunha relación máis ou menos afastada, pero que son máis parecidos entre si que a outros dialectos máis próximos. Este patrón preséntase nas linguas romances modernas. O [[Lingua italiana|italiano]] e o [[Lingua galega|galego]] teñen un alto grao de comprensión mutua, que ningún dos dous idiomas comparte co [[Lingua francesa|francés]] malia que ambos idiomas se atopan "xeneticamente" máis próximos ao francés do que entre eles, e é que o francés sufriu cambios máis rápidos có galego ou o italiano.
 
== Véxase tamén ==