Templo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Titvs (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de Titvs (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Liña 1:
[[Ficheiro:Temple of Bel in Palmyra.JPG|miniatura|[[Templo de Bel]], en [[Palmira]]]]
Un '''templo''' é un edificio destinado ao [[culto]] relixioso ou a actividades espirituais, tales como a oración, a realización de sacrificios, ou a celebración doutro tipo de rituais relixiosos. Algunhas tradicións relixiosas manteñen nomes específicos para os seus templos primarios, [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] no caso do cristianismo, [[mesquita]] no [[islam]], [[pagode]] no caso de certas tradicións do [[budismo]], [[sinagoga]] no caso do [[xudaísmo]], [[salón do Reino]] nas [[Testemuñas de Xehová]].
 
==Templos antigos==
Nos templos de sociedades antigas o templo non era un lugar de reunión senón a casa de deus, onde moraba a estatua dunha ou varias divindades, e diante do templo levábanse a cabo os sacrificios, festas e procesións. Este modelo mudou coa chegada do Cristianismo en Occidente e o Islam en oriente.
===O templo mesopotámico===
[[Ficheiro:Part of front of Inanna temple of Kara Indasch from Uruk Vorderasiatisches Museum Berlin.jpg|thumb|left|Parte da fachada do templo de [[Inanna]] en [[Uruk]].]]
En [[Mesopotamia]] deuse a primeira civilización humana, os primeiros templos eran sinxelos edificios de tixolos decorados con pinturas e os símbolos da divindade. conforme medraba a complexidade da sociedade sumeria o templo mudou, pasando a ser un edificio rectangular sobre unha plataforma. Debido á sacralidade destes lugares os templos antigos non eran derruídos e cando se reformaron simplemente se construía enriba deles. Así a plataforma do templo de [[Ur]] ten no seu interior ata sete templos de cronoloxías diferentes.
Durante a hexemonía de Ur no século XXI A. de C. surxiu o templo mesopotámico mais famoso, o [[Cigurat]], esta calse de templo naceu no chamado "Renacemento sumerio" e quedou coma modelo de tódolos templos en Oriente medio ata a conquista de [[Alexandre Magno]], no que os reis helenísticos ergueron templos de arquitectura grega.
O cigurat era unha serie de plataformas de tamaño decrente cun templo na súa cima, onde vivía a divindade co seu séquito e familia. Ata alí só podían chegar os sacerdotes do seu culto e algunha alta autoridade xa que as festas e procesións dábanse no exterior co ídolo da deusa tras baixar a escaleira monumental da fachada do cigurat. A decoraciónn destes templos era exterior, con contrafortes e fornelas con estatuas pintadas con estuco e mosaicos de arxilas de cores.
===O templo exipcio===
Os templos exipcios soen ser rectangulais e divididos interioremente nunha sucesión de salóns que desembocan na cela final onde habita a estatua dunha divindade, espazo á que só poden acceder determinados sacerdotes.
Os templos exipcios foron construídos en pedra e contaban cunha monumentalidade tremenda, cunha avenida de esfinxes e unha fachada enorme con gravuras que daba paso a un patio columnado ata onde só podía chegar o faraón e os cregos, mais adiante só podían pasar aqueles sacerdotes especializados no coidado da estatua máxica do deus. Este esquema apenas mudou durante séculos.
===O templo cretense===
En [[Creta]], durante a civilización Minoica templo e palacio eran o mesmo edificio. O monarca era o sumo sacerdote da relixión e vivía nun amplo edificio organizado en torno a un ou varios patios centrais que organizaban o resto de habitáculos do edificio, decorado con pinturas murais.
===O templo grego===
Desde a [[Grecia]] antiga expandiuse outro tipo de templo, que ao igual que o sumerio serviu de modelo a moitas outras culturas. O templo grego era un edificio rectangular, pechado cun tellado a dúas augas, baixo del o rectángulo dividíase en dosu espazos. A pronaos e a naos, esta era a habitación da divindade onde soía estar unha estatua súa e ao lado o tesouro do templo.
O templo grego foi unha evolución dos palacios micénicos e apenas mudaron no cambio das eras, os estilo dórico, xonio e corintio só se aplicaba aso diferentes tipos de columnas e capiteis da pronaos.
===Templo romano===
O templo romano é uha síntese do templo etrusco e do grego, a diferencia deste soe ser ter unha plataforma sobre a que se eleva o templo en si mesmo, fronte a el soíase colocar unha ara onde se celebraban os sacrificios na honra ao numen.
===Templo hebreo===
Debido ao monoteísmo do [[Xudaísmo]] só houbo un único templo, situado en [[Xerusalén]] e feito por arquitectos fenicios, polo que ten o meso aspecto cos templos fenicios. Un edificio rectangular cunha única porta custodiada por dúas columnas(Jaquin e Boaz) e no seu interior unha única sala, a cella da divindade ocultábase mediante un veo, e tras dela atopábase o sanctasanctorum, coa arca da alianza.
Diante deste templo soían celebrarse os sacrificios de animais no patio do templo, onde estaban os comerciantes para vender ofrendas aos peregrinos que acudían de todo Israel ata o templo.
==O templo cristián==
Tras a súa institucionalización o cristianismo adoptou un edifico romano civil, a basílica, para celebrar as asembleas de crentes. Este primeiro templo cristián era un edificio rectangular de unha ou tres naves, coa central maior, presidida pola cátedra do bispo ou a tumba dalgún mártir ou santo. No exterior non tiña decoración algunha ata que veu a moda de [[Constantinopla]] e se construíron con bóvedas e arcos falsos.
Nalgún momento da [[Alta Idade Media]] a arquitectura cristiá mudou e pasáronse a construír templos en forma de cruz dunha soa nave, co paso do tempo construíronse con mais naves, pasando do [[prerrománico]] ao [[románico]], cando surxen as primeiras catedrais e logo a [[gótico]]. Na idade moderna mudan os estilos decorativos dos templos cristiáns abandoándose o ótico polo flamíxero ata que chegou a reforma protestante.
No século XV coa ruptura do cristianismo europeo entre reformistas e católicos a arquitectura dos templos cristiáns muda, as igrexas católicas pasan ao estilo [[barroco]] mentres as igrexas protestantes conservan un estilo gótico, pero mais austero mentres os templos católicos despregan unha rica decoración.
Os templos cristians pasan polas modas, coma o neoclásico e o neogótico ata que no século XX atrévense co Movemento moderno e constrúense igrexas nas principais cidades industriais.
==O templo islámico==
O templo do Islam é a [[mesquita]], un edifico amplo dunha soa planta. No seu interior atópase un amplo salón columnado onde os fieis rezan en dirección á [[Meca]]. Esta dirección atópase marcada por unha fornela nun dos muros da mesquita. No esterior as mesquitas contan cun minarete, unha torre desde a cal un crego chama á oración aos fieis, e cúpulas sobre o tellado. A decoración soe ser abstracta, xa que a relixión non permite representar a figura humana por medo ao idolatrismo, e acude á decoración xeométrica e versículos do cora´n en distintos tipos de caligrafías por muros, fiestras e columnas.
A mesquita comparte coas igrexas a característica de seren lugares de sociabilidade así como lugares para aprender a doutrina e mobilizar aos fieis en apoio de diferentes causas.
==O templo budista==
O Budismo conta con distintos edificios para seu culto. Por un lado existen lugares onde se peregrina para conmemorar a diferentes persoalidades que están soterradas en edificios onde se lles reza, como a pagoda, o wat e a estupas. Estes tres tipos de edificio, pero coa mesma funcionalidade, soen ter características rexionais xa que o budismo abrangueu desde [[Xapón]] ata [[Afganistán]].
O templo budista soe ser un edifico enorme que contén unha estatua inmensa do buda e moitas outras pequenas, situadas sobre pequenas plataformas ou altares onde rezan e queiman incenso.
== Galicia ==
No pasado en Galicia existía o politeísmo, as primeiras evidencias de templos poden considerarse o interior das covas habitadas pola humanidade no paleolítico, onde fixeron as pinturas rupestres. A conexión relixión-natureza mantívose e non se coñecen templos antes da chegada de Roma, aínda que os [[petróglifos]] e [[Mámoa|mámoas]] foron lugares de culto, astronómicos e aos devanceiros.
Dos [[galaicos]] ou castrexos aínda se coñece pouco o aspecto da súa relixión, superando o esquema romántico do druída no claro do monte, atopáronse restos arqueolóxicos que apuntan a certos edificios como lugares de culto. As misteriosas pedras chamadas "amarradoiros" contan cunha decoración non apta para seren simples ferramentas para o gando, así como as pedras decoradas con cabezas humanas e de animais, unha delas atopada mirando ao interior dun edificio dentro do castro. Por outra banda suponse que as asunas castrexas eran lugares de culto, a nivel de rituais de iniciación. Cos novos métodos de inetrpretación chegouse a descubrir un templo galaico no santuario de Penafurada ([[Coirós]]).
Coa romanización surxiron novos cultos e construíronse templos romanos, dos que apenas quedan restos([[ara]]s e bases de columnas) entre eles o [[templo de Santalla de Bóveda]] e o santuario ao deus [[Berobreo]], suponse que un outeiro sobre c osta onde se atopou un campo cheo de aras en torno a un pequeno edificio central.
Na idade media Galicia encheuse de igrexas, do prerromanico destaca a [[Igrexa de Santa Comba de Bande]] e as catedrais románicas con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos.Todo isto no século XX co [[Movemento Moderno]] e os templos cristiáns súmanse á arquitectura contemporánea abandonando o estilo neogótico e outros pseudoestilos para pasar a facer igrexas con materiais industriais, como o ladrillo e o formigón armado. destacando entre elas a "igrexa dos Picos"(Vigo) a igrexa de San Xosé ( A Coruña) e aigrexa de Vista Fermosa (ourense).
En [[Galicia]] a maioría dos templos son igrexas e capelas católicas pero tamén existen igrexas de confesións protestantes, [[Salón do Reino|salóns do reino]] das Testemuñas de Xehová, capelas mormonas, mesquitas islámicas<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/01/13/0003_8223644.htm ''La comunidad islámica de Galicia planea la apertura de una mezquita en la ciudad'', La Voz de Galicia, 13/1/2010]</ref> e igrexas ortodoxas<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/domingo/20080706/domingo.html ''Los ortodoxos buscan su sitio en Galicia'' ''La Opinión de Coruña'']</ref> así como templos budistas.
 
En [[Galicia]] a maioría dos templos son igrexas e capelas católicas pero tamén existen igrexas de confesións protestantes, [[Salón do Reino|salóns do reino]] das Testemuñas de Xehová, capelas mormonas, mesquitas islámicas<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/01/13/0003_8223644.htm ''La comunidad islámica de Galicia planea la apertura de una mezquita en la ciudad'', La Voz de Galicia, 13/1/2010]</ref> e igrexas ortodoxas<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/domingo/20080706/domingo.html ''Los ortodoxos buscan su sitio en Galicia'' ''La Opinión de Coruña'']</ref> así como templos budistas.
 
== Notas ==