Conquista romana de Britania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 31:
No ano [[44]], o xeneral [[Vespasiano|Tito Flavio Vespasiano]] asumiu o mando dunha pequena forza e marchou cara ó oeste subxugando ás tribos e capturando unha serie de ''[[Oppidum|oppida]]'' ó longo do seu camiño. A marcha de Vespasiano chegou polo menos até [[Exeter]] e, probablemente, alcanzou a rexión de Bodmin.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Suetonio Suetonio], ''Las vidas de los doce césares, Vida de Vespasiano'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Suetonius/12Caesars/Vespasian*.html#4 4]</ref> A ''Legio IX Hispana'' foi enviada cara ó norte, cara a Lincoln e, tras catro anos de invasión, é probable que a área ó redor de Humber até o [[río Severn]] caese baixo o control romano. A situación da [[Vía romana|calzada romana]] coñecida como ''Fosse Way'' levou a moitos historiadores a debater o papel da ruta como unha fronteira durante a primeira ocupación. É máis probable que a fronteira entre os romanos e os britanos fose menos fixa e máis cambiante durante este período.
[[Ficheiro:Boudiccastatue.jpg|miniatura|300x300px|Estatua de [[Boadicea]] preto da ponte de Westminster.]]
A finais de [[47]], o novo gobernador de Britania, Publio Ostorio Escápula, iniciou unha campaña contra as tribos asentadas no que hoxe é [[Gales]] e Cheshire Gap. A tribo dos siluros, asentada na rexión do sueste de Gales, causou considerables problemas a Escápula e defendeu con firmeza a fronteira galesa situada nas proximidades do seu territorio. O propio Carataco foi derrotado nun encontro e fuxiu cara ó territorio dos brigantes, que ocuparon os Peninos. A raíña deste pobo, Cartimandua, estaba pouco disposta a batallar cos romanos e decidiu asinar un tratado de paz con eles polo cal ela lles entregaba a Carataco e eles comprometíanse a apoiala militarmente, ata que no período de inestabilidade que seguiu á morte de [[Nerón]], perdeu o trono a mans do seu exmaridoex-marido. Cando Ostorio morreu, foi substituído por Aulo Didio Galo, que penetrou na fronteira galesa, tomándoa pero sen poder chegar máis lonxe, probablemente porque Claudio quería evitar custe o que custe unha dura guerra de desgaste co obxectivo de abrirse camiño a través do montañoso territorio británico. Cando [[Nerón]] ascendeu ó trono tras a morte de Claudio no ano [[54]], parecía decidido a continuar a invasión da illa e nomeou a Quinto Veranio como gobernador da [[Britania|provincia]], un home con experiencia en tratar coas belicosas tribos de [[Anatolia|Asia Menor]]. Veranio e o seu sucesor, Caio Suetonio Paulino dirixiron con éxito unha campaña ó longo do territorio de Gales, famosa por destruír a resistencia dos [[Druída|druídas]] ó capturar os seus capitais de Mona ([[Anglesey]]) no ano 60. A ocupación final de Gales foi detida por mor da rebelión da [[Boadicea|raíña Boadicea]], cuxas tropas obrigaron ós romanos a retroceder cara ó sueste. Os siluros non foron conquistados por completo até o ano [[76]], tras unha longa e dura campaña dirixida polo xeneral romano Sexto Xulio Frontino.
 
== Véxase tamén ==